Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 17/08/2016 15:30

Os cadetes quentan motores para clasificarse en Primeira División de Liga Galega

Los cadete calientan motores para clasificarse en Primera División de Liga Gallega

Os equipos cadete feminino e masculino do Básquet Coruña comezan hoxe os adestramentos da nova tempada baixo a dirección dos seus técnicos Iria Uxía e José Ángel Rivera "Mozan" respectivamente.

Do mesmo xeito que nas dúas últimas tempadas, Iria Uxía compatibilizará o seu traballo coa base co de adestradora axudante do equipo LEB Ouro do Club, mentres que Mozan incorpórase á entidade herculina disposto a achegar a súa longa experiencia como adestrador, especialmente coas categorías inferiores. Outra boa noticia para a canteira, tras a recente chegada do técnico Chiqui Barros aos equipos filial e junior masculinos.

Fase clasificatoria

Os cadete renovan a súa preparación coas miras postas na fase clasificatoria que arrincará o segundo fin de semana de setembro e nela pugnarán por facerse cunha praza na Primeira División da liga Galega.

As nosas xogadoras mediranse nesta fase contra as de Salesianos de Vigo, Peleteiro, Bosco-Salesianos de Ourense, Eduardo Branco Amor, Tui, Culleredo, Porriño, Fundación Rei Cortegada, Be One Ribadeo, Porta XI Ensino, Giraldo CBV, Airexa e Seis do Nadal A.

Pola súa banda, os cadetes masculinos enfrontaranse á Compañía de María de Santiago, COB, Xuventude, Obradoiro, Estudantes de Pontevedra, Culleredo, Gabadi B. School, Porriño, Be One Ribadeo, Novisbasket, Peixegalego, Seis do Nadal A, Ferrol CB, Meco Fisioterapia Solpor e Maristas Coruña.

Se algún mozo ou moza da idade está interesado en que se valore a súa posible incorporación nun destes dous equipos, pode porse en contacto co Club no teléfono 981 264 022 ou no correo club@basquetcoruna.com

Horarios de adestramentos

Durante estas semanas de agosto o equipo cadete feminino adestrará co seguinte horario: martes, mércores e xoves de 19:30 a 21:00 horas, e os venres de 16:30 a 18:00 horas. Os martes e mércores as sesións terán lugar na polideportiva do Ventorrillo, mentres que os xoves e venres celebraranse na polideportiva de Riazor 2.

En canto ao cadete masculino, os adestramentos terán lugar na polideportiva de Riazor 2 os luns de 19:30 a 21:00 horas, así como os martes e mércores de 18:00 a 19:30 horas. As sesións dos venres realizaranse na polideportiva do Ventorrillo de 20:00 a 21:30 horas.

Iria Uxía, adestradora do cadete feminino

Ademais de iniciar a súa terceira tempada como adestradora axudante do equipo LEB Ouro do Club, Iria Uxía dirixirá o xogo de noso equipo cadete feminino, dando continuidade ao traballo que realizou con estas xogadoras a pasada tempada na categoría infantil.

Antes da súa chegada ao Club Básquet Coruña, Iria Uxía xa posuía experiencia como adestradora de equipos basee e foi adestradora axudante do equipo Establecementos Otero ?Xuventude B. Cambados-, do Grupo A de Liga EBA, na tempada 2012-13 na que logrou o ascenso a LEB Prata.

A principios deste ano, obtivo a máxima cualificación coa súa tese doutoral «Accións tácticas máis relevantes no resultado das posesións en baloncesto en función do sistema de xogo en ataque e en defensa».

José Ángel Rivera "Mozan", adestrador do cadete masculino

No seis últimas tempadas, Mozan foi director e coordinador das categorías de base do Obradoiro CAB, ademais de traballar cos técnicos do primeiro equipo.

Na súa longa traxectoria, formou aos máis novos do Cortegada de Vilagarcía de Arousa, ademais de ser segundo adestrador do primeiro equipo de Primeira B e posteriormente de Liga feminina 2.

Así mesmo, foi técnico do Rosalía de LEB Ouro, o Cambados e o Celta de Foz en Liga EBA, o Tui de primeira nacional, o Pío XII de Liga Feminina 2 e primeiro adestrador do Obradoiro de EBA, antes de dedicarse de pleno á coordinación e dirección da base do club santiagués.

Mozan chega a Coruña tras dedicar o verán a mellorar a técnica individual dos xogadores e xogadoras de todas as categorías do Giraldo CB Vilagarcía, afinando diversos aspectos do xogo de face á nova tempada 2016-2017. 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro