Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 17/01/2014 18:46

Leyma Natura - Breogán: Un derbi ao grande

Leyma Natura - Breogán: Un derbi por todo lo alto

O Leyma Natura enfróntase ao Breogán de Lugo en busca da vitoria que o mantería nos postos altos da clasificación. O partido será o sábado ás 19 horas no Palacio dos Deportes de Riazor e foi catalogado como “Día do Club”.

O Breogán é un “grande” da categoría un equipo histórico e que ten un gran persoal, con xogadores moi importantes na categoría. Un equipo con moitos puntos fortes: a dirección e o dominio dos Bloqueos Directos de Dani Rodríguez, o punch de Adrián Chapela, as transicións e saídas de indirectos de Álex López e Mcgee, a polivalencia e de Pablo Almazán, Palsson e Bortolussi; a capacidade intimidatoria, anotadora e reboteadora de Diouf, Laso e Schaftenaar. Se a todo isto engadímoslle valor como colectivo, estamos ante un equipo con garantías para loitar polo máis alto.

O Leyma Natura afronta con moitas ganas este partido tras a derrota sufrida a semana pasada en Logroño, Perico Diaz aludiu a este aspecto na rolda de prensa previa e mostrouse esperanzado na resposta do equipo “o equipo adestrou moi ben esta semana, os xogadores están con ganas de que chegue o partido de mañá”, ademais, sinalou como algo importante a volta á normalidade tras os paróns e cambios de datas de partido de nadal o que non permitira ao equipo adestrar mantendo certas rutinas importantes “ habemos volta a ter unha estrutura de semana de adestramentos normal, algo que non sucedía desde a semana de Burgos”.

Para este partido Perico Diaz está á espera da evolución de Jesús Castro que está a se recuperar dunha lesión muscular e a súa participación non se decidirá ata o último momento. O resto de xogadores están plenamente dispoñibles para este gran partido.

Para este partido espérase unha gran afluencia de afeccionados do Breogán procedentes de Lugo o que fará que o Palacio dos Deportes sexa unha gran festa do baloncesto galego, a iso tamén se referiu o técnico na rolda de prensa previa animando aos afeccionados coruñeses a achegarse ao Palacio para arroupar ao equipo.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city