Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Primer equipo | 05/10/2016 16:35

Leyma Coruña logra os 1.000 abonados e quere seguir estendendo o tsunami laranxa

Leyma Coruña logra los 1.000 abonados y quiere seguir extendiendo el tsunami naranja

A campaña de abonados do Leyma Coruña, co hashtag #Aporlos1000laranxas nas redes sociais, deu os seus froitos, ao superar nestes últimos días o obxectivo marcado de alcanzar os 1.000 abonados no inicio da tempada. Grazas ao apoio do seu principal patrocinador, Leyma, e a entrada de novas marcas como Mahou, o Club puido facer pública hoxe a boa noticia, tras a acción de rúa realizada o pasado fin de semana para promover novas altas no club.

En palabras do presidente da entidade baloncestística, Juan Carlos Fernández, agora a seguinte meta ten que ser "ir a por os 2.000", subliñando a importancia que ten para os xogadores do Leyma Coruña sentirse arroupados desde a bancada polo sentimento laranxa e toda a afección coruñesa.

A ocasión inmediata de dar esa calor ao equipo será este venres ás 21:00 horas no Palacio dos Deportes de Riazor, na que será a segunda xornada da liga LEB Ouro e o primeiro encontro en casa, con derbi ante o Marín Peixegalego. Os de Tito Díaz tentarán manter o bo xogo mostrado en pretemporada e no primeiro choque ligueiro contra a Maxia Huesca, saldado a semana pasada con vitoria dos coruñeses.

Prezos dos abonos para a nova temproada

Os prezos dos abonos son 180 euros para o familiar, 100 euros para o senior e 60 euros para o especial. Estes prezos son válidos para os partidos en casa durante a tempada regular, sen incluír Día do Club e Play-Off.

No caso dos socios, tanto as altas como as renovacións teñen un prezo de 150 euros para o primeiro carné, coa opción de recibir un segundo carné de cortesía por un total de 200 euros. Ademais dos encontros da tempada regular, a condición de socio dá dereito a presenciar as disputas dos Días do Club e dos Play-Off, así como a participar nas asembleas da entidade deportiva.

Os deportistas do club e os seus familiares reciben un trato especial, de modo que a entrada aos partidos é gratuíta para todos os xogadores da base. No caso das súas familias, o primeiro carné de adulto ?pai ou nai- é de 40 euros e o segundo de 20 euros, e os irmáns/as entran gratis, do mesmo xeito que os xogadores/as. En canto aos ex xogadores/as de calquera categoría, aplícaselles unha rebaixa do 50% na tarifa que corresponda.

Tanto as renovacións e altas como socio así como a compra de abonos poden realizarse on-line, na web do club www.basquetcoruna.com, ou ben nas restantes canles, é dicir, a través do teléfono 981 264 022, o correo abonos@basquetcoruna.com ou nas oficinas de cálea Arquitecto Rei Pedreira 3, baixo.








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro