Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 14/03/2018 17:43

Laura Ibáñez, Anxo Casais e Uxía Cascales, convocados para o PDC Autonómicos para os nados en 2003, 2005 e 2007, respectivamente

Laura Ibáñez, Anxo Casais y Uxía Cascales, convocados para el PDC Autonómicos para los nacidos en 2003, 2005 y 2007, respectivamente

Os xogadores do Básquet Coruña Laura Ibáñez, Anxo Casais e Uxía Cascales foron convocados para o o PDC Autonómico que terá lugar no pavillón Manuel Coto Ferreiro, na zona deportiva da Estrada este fin de semana.

No caso de Laura, a actividade estará dirixida a xogadoras nadas en 2003, mentres que Anxo asistira á xornada dos xogadores nados en 2005. As xogadoras terán que presentarse na instalación deportiva ás 11.30 horas, mentres que a convocatoria masculina terá que facelo ás 09.30 horas.

As sesións de adestramento estarán dirixidas en todos os casos por técnicos integrados na área Deportiva da FGB. A manutención correrá a tarde da Federación e pola tarde, tanto no caso da convocatoria masculina como feminina, disputarase un partido.

Esta actividade serve como seguimento que realiza a área Deportiva nas distintas áreas xeográficas co obxectivo de manter o seguimento e control sobre os xogadores e xogadoras seleccionados.

No caso da convocatoria dos nados en 2007, onde foi seleccionada a nosa xogadora Uxía Cascales, o emprazamento será o mesmo pavillón a partir das 11.30 horas. As sesións de adestramento serán de 12 a 14.00 horas e de 18 a 20.00 horas. A comida tamén correrá a cargo da FGB.

Desde o club Básquet Coruña desexamos aos nosos xogadores e xogadoras que gocen da experiencia.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city