A XXVIII edición do Teresa Herrera queda na Coruña

No día de onte, o Palacio dos Deportes foi testemuña da presentación do novo proxecto Leyma Básquet Coruña 2014/15. Aproveitando a XXVIII edición do Teresa Herrera, o equipo disputou o seu primeiro partido en casa fronte ao COB Ourense.

O partido resultou moi igualado durante os 40 minutos con vantaxes que nunca superaron os 7 puntos para ningún dos dous equipos. Un encontro moi igualado no que Perico Diaz aproveitou para continuar engrasando a maquinaria laranxa e ir puíndo erros de face o comezo do campionato.

O equipo vai crecendo aos poucos e onte logrou reducir o número de perdas de balón, algo en encontros anteriores lastrara demasiado o ataque dos nosos e que no encontro de onte, sen ser un dato excesivamente bo, logrou reducilas ata as 12.

Tras o partido de onte, os xogadores volverán adestrarse hoxe pola tarde para preparar o último compromiso da pretemporada fronte á Unión Financeira Oviedo; un partido que se disputará mañá sábado ás 19:00 no Pavillón Municipal de Foz

LEYMA BÁSQUET CORUÑA 79 (20+22+15+22): Anxo Hernández (4), Petrovic (15), Dobos (8), Homs (4) e Jesús Castro (8). Tamén xogaron: Rowley (13), Vujasinovic (9), Larry Abia (5), Mutakabbir (13).

COB OURENSE 75 (21+18+18+18): Pedro Rivero (14), Edu Martínez (3), Salva Arco (6), Rejón (6) e Busma (10). Tamén xogaron: Tyler Brow (6), Cristian Diaz (3), Marcos Suka (10) e Benjamin Joseph (17).