Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña Senior - Xerion · 28/05/2017 19:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma - Peleteiro B · 28/05/2017 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña - Culleredo · 28/05/2017 17:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña 02 · 27/05/2017 20:00 Polideportivo Brens || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 02B - CD Los Rosales · 28/05/2017 12:00 Ventorrillo || Infantil Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña 03B - Baloncesto Cambre 03 · 27/05/2017 12:30 Elviña II || Infantil Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña 04B - Culleredo Almeiras · 27/05/2017 11:00 Elviña II || Infantil Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña Monte das Moas - Obradoiro · 27/05/2017 19:00 Elviña II || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Jesuitinas - Básquet Coruña Leyma 06 · 28/05/2017 12:30 Agra II || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Latorre - Básquet Coruña 06 · 27/05/2017 09:30 Agra II || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 05 - Calasanz · 25/05/2017 09:30 Agra II || Preminibasquet Fem.: Sigaltec - Básquet Coruña Leyma 07 · 27/05/2017 17:30 Estrada || Preminibasquet Masc.: CAB 2007 Mas - Básquet Coruña 07 · 27/05/2017 13:30 Estrada || Preminibasquet Masc.: CB Arteixo - Básquet Coruña 08 · 27/05/2017 11:00 Agra II || Preminibasquet Masc.: Básquet Coruña Eusebio da Guarda 07 - Montrove · 27/05/2017 11:00 Agra II

Actividades | 25/01/2017 18:00

A relación pais e técnicos, primeiro tema das novas xornadas de formación para adestradores

La relación padres y técnicos, primer tema de las nuevas jornadas de formación para entrenadores

Co inicio do ano, o Club Básquet Coruña anuncia a celebración do seu segundo ciclo de xornadas de formación para adestradores, avaladas pola Federación Galega de Baloncesto. A primeira sesión terá lugar este domingo 29 de xaneiro ás 19:00 horas na aula do Palacio dos Deportes de Riazor e abordará un tema de notable interese social, que é a relación entre os pais dos xogadores e os técnicos, baixo o título "Adestradores e pais, xogamos no mesmo equipo?". A xornada correrá a cargo de Madó González, doutora en Psicoloxía e especialista en psicoloxía do deporte e a actividade física, así como monitora e xuíz de atletismo, entre outras facetas profesionais

Do mesmo xeito que o pasado ano, este ciclo de xornadas está aberto a todos os adestradores e adestradoras de baloncesto da Coruña e de Galicia en xeral. Así mesmo, poden asistir afeccionados ao baloncesto que desexen profundar nos temas abordados, do mesmo xeito que técnicos doutras modalidades deportivas.

Nesta edición do ciclo a temática centrarase nos primeiros anos de formación, con especial protagonismo do minibasket. Para asistir, tan só é necesario comunicalo previamente ao club, enviando un correo á dirección club@basquetcoruna.com

A Federación Galega de Baloncesto outorgará 3 horas de formación en cada xornada aos participantes que estean en proceso de obtención dalgún dos títulos de adestrador desta disciplina deportiva.

Un foro estable para a formación e o progreso do deporte galego

Co ciclo "E ti como adestras?", o Club Básquet Coruña pretende favorecer a formación dos seus adestradores/as e abrirse á colaboración con outras entidades deportivas da cidade e a súa contorna, ofrecendo un foro estable no que compartir coñecementos e experiencias da man de profesionais de prestixio, co fin último de contribuír ao progreso do deporte galego mediante a cualificación dos seus técnicos. Tamén se busca aproveitar sinerxías coa Federación Galega de Baloncesto e entre os propios clubs.

Programación ata xuño

Tras a primeira sesión deste domingo no Palacio dos Deportes de Riazor, as restantes charlas celebraranse na Polideportiva de Riazor 1, tamén ás 19:00 horas e co seguinte calendario:

19 de febreiro: "O pase en minibásquet", a cargo de Chiqui Barros.

19 de marzo: "Contraataque en categorías de formación", a cargo de Joaquín Moreira.

23 de abril: "O uso eficaz do bote no minibasket" a cargo de José Ángel Rivera Mozan.

21 de maio: "Pintura Barroca Holandesa: metodoloxía de adestramento para categorías de formación", a cargo de Javier Orosa.

18 de xuño: tema e experto pendentes de confirmación.









federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankcoca colaaltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial