Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Actividades | 21/04/2016 09:00

A Obra Social "la Caixa" convida as Entidades de "15 Partidos 15 Causas" aos Playoff do Leyma Básquet Coruña

La Obra Social “la Caixa” invita a las Entidades de “15 Partidos 15 Causas” a los Playoff del Leyma Básquet Coruña

Tras asinar unha brillante fase regular de liga e ás portas dos primeiros partidos do playoff de ascenso á ACB, o Leyma Básquet Coruña quere seguir expresando o seu apoio e solidariedade coas entidades que ao longo da presente tempada participaron no programa "15 partidos 15 causas", que o Club promove grazas ao patrocinio da Obra Social ?a Caixa?.

Para iso, e como parte deste acordo de colaboración, a Obra Social "la Caixa" convida a membros e usuarios das devanditas organizacións non lucrativas a presenciar os dous partidos de playoff que o conxunto laranxa disputará este venres e domingo en Riazor, en senllos partidos de derbi fronte ao Café Candeas Breogán.

Durante o descanso do encontro do domingo as entidades sociais serán obxecto dunha homenaxe en recoñecemento ao seu traballo cos colectivos máis vulnerables, participando ante toda a afección nunha gran foto de familia na pista do Palacio dos Deportes de Riazor, acompañados de representantes da Obra Social "la Caixa" e do Club Básquet Coruña.

Ademais da entrada aos partidos, as persoas que acudan a través destas organizacións recibirán unha camiseta representativa do sentimento laranxa, coa lema ?entre todos facemos un gran equipo?, transmitindo así o seu empatía e conexión co Leyma Básquet Coruña e tiñendo do seu mesmo cor as bancadas de Riazor.

Entidades participantes

Ao longo desta tempada as organizacións do terceiro sector que participaron no programa "15 partidos 15 causas" foron: West Galicia, Arela, ADACECO, ACODI, Equus Zebra, Cáritas, COGAMI, GRUMICO, Irmandade de Doantes de Sangue da Coruña, FEGEREC, CASCO, AFACO e Down Coruña.

Dentro desta iniciativa apoiada pola Obra Social "la Caixa", cada xornada LEB Ouro que o Leyma Básquet Coruña xoga en casa dedícase a unha causa social á que se rende homenaxe durante o descanso e cuxa actividade se difunde nos medios de comunicación, como parte da liña de traballo do club de fomentar os valores de solidariedade e convivencia a través do deporte.

Ademais, a entidade protagonista recibe o apoio do club mediante a colaboración en campañas e accións de concienciación e recadación de fondos, así como mediante a visita de xogadores do primeiro equipo ás súas instalacións ou eventos.

 









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro