Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 29/04/2017 00:32

A insistencia na defensa e o rebote dan ao Leyma Coruña a vitoria ante os melillenses

La insistencia en la defensa y el rebote dan al Leyma Coruña la victoria ante los melillenses

A noite de hoxe en Riazor tivo sabor aos playoff que se aveciñan, cunha das mellores entradas da tempada e unha afección que gozou do xogo laranxa nunha das súas mellores versións. Porque quizá non foi un partido de moito acerto, pero o traballo en defensa e en rebote permitiu aos de Perico Díaz facer gala de bos minutos dese xogo rápido a campo aberto que tanto gusta á bancada. Especialmente no último cuarto, no que os laranxas conseguiron impor o seu ritmo e vencer ao Club Melilla Baloncesto por 77-66.

Na rolda de prensa posterior ao encontro, Tito Díaz destacaba o bo traballo do seu equipo tanto atrás como na batalla do rebote, na que os locais foron meritoriamente superiores. "As claves foron nosa defensa de directos, provocar que tirasen desde fóra e pechar ben o rebote", o que permitiu ter ritmo a intres e, a base de insistir, conseguir romper o partido no último cuarto.

Na súa opinión, foi unha merecida vitoria ante un gran equipo, e mostrou a súa satisfacción tanto polas boas sensacións de hoxe como por conseguir pechar "unha liga regular moi boa, con 20 vitorias e 14 derrotas, a mellor talvez da nosa historia, o que nos dá moita forza para empezar o playoff". Ademais, sinalou o gran traballo de todos os laranxas, que supliron as ausencias de Justin Johnson, afectado dun proceso vírico, e Josip Mikulic, por unha farinxite, e especialmente quixo aplaudir os "espléndidos" minutos xogados polo mozo Pablo Ferreiro.

"Estivemos con moitas rotacións porque queremos manter moita actividade e un ritmo alto, porque sabemos que se o partido párase, temos máis que perder que gañar", manifestou. Finalmente, en relación ao rival da primeira rolda da eliminatoria polo ascenso á ACB, os Queixos Cerrato Palencia, Tito Díaz asegurou que se trata doutro gran equipo, de enorme experiencia, e ante quen haberá que usar as mesmas armas empregadas ante o conxunto norteafricano, sabendo que non será tarefa fácil. Pero lembrou que o Leyma Coruña é un equipo competitivo: "vainos a marcha e os playoff teñen moita marcha, así que imos ver que pasa".

Comeza en poucos días a rolda de semifinais, que gañará o mellor de cinco partidos. Os laranxas disputarán os dous primeiros en terras palentinas -venres 5 e domingo 7 de maio-, e saltarán de novo á pista de Riazor o venres 12. Se é necesario, haberá cuarto choque ese domingo en casa e, finalmente, o quinto de novo a domicilio o martes 16. #derechoasoñar

Documentos adjuntos

tito-diaz.m4a









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city