Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 25/11/2017 11:27

A falta de acerto no tiro exterior condena ao Leyma Coruña ante o Tau Castelló (82-76)

La falta de acierto en el tiro exterior condena al Leyma Coruña ante el Tau Castelló (82-76)

O Leyma Coruña non puido levar a vitoria ante o Tau Castelló (82-76) nun partido no que os coruñeses pagaron a falta de acerto no tiro exterior nos momentos clave.

O primeiro cuarto foi para os locais, que saíron máis entoados ao parquet
(24-16), pero no segundo equilibráronse as forzas. Varios triplos de Trevor Cooney e a importante achega tamén na anotación de Dmitry Flis fixeron que os herculinos chegasen ao descanso cinco abaixo (47-42).

Tras o receso, o Leyma Coruña saíu disposto a voltear o luminoso pero cada vez que se achegaba respondía o Tau desde o perímetro, con moi bos minutos de xogadores como Ott ou Steinarssson. Chegaba a porse a un o conxunto laranxa (55-54), liderado por un Monaghan que lembrou neste choque ao da pasada campaña, pero chegábase ao acto definitivo catro puntos abaixo no marcador (66-62).

No cuarto definitivo a renda dos locais movíase nos dous puntos e o Leyma apoiábase en Hernández Sonseca para tratar de levar do choque. Bos minutos do exnaranja Kyle Rowley, con dúas canastras importantes nun momento comprometido do partido, e erros en ataque e en defensa nos últimos minutos propiciaban que a vitoria quedase en Castelló.

O Leyma Coruña volverá competir este mércores ás 21.00 horas ante os Chocolates Trapa Palencia. Necesitámosvos para lograr a cuarta afección!








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro