Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Primer equipo | 21/10/2017 21:58

A falta de acerto condena ao Leyma Coruña ante o Carramimbre CBC Valladolid (59-67)

La falta de acierto condena al Leyma Coruña ante el Carramimbre CBC Valladolid (59-67)

O Leyma Coruña non puido sumar a súa segunda vitoria do curso e claudicó ante o Carramimbre CBC Valladolid (59-67) nun encontro pouco vistoso e no que ambos os conxuntos cometeron un gran número de erros non forzados.

Saíron mellor os de Gustavo Aranzana sobre o parqué do Palacio dos Deportes de Riazor (7-0), a que ao cabo sería a súa maior vantaxe no choque. Un parcial de 0-6 para os de Paco García igualaba as forzas e chegábase ao final dun primeiro acto moi marcado xa polos fallos (16-22).

Ía a remolque do seu opoñente a escuadra local, incapaz de porse por diante no luminoso e marchábase ao descanso tres abaixo. Unha primeira parte marcada por unha anotación moi baixa dos dous equipos (29-32).

Arrincaba o terceiro período cun triplo de Jonathan Gilling que igualaba o choque (32-32), pero os locais non eran capaces de darlle a volta ao marcador, nun acto no que os dous conxuntos intercambiábanse golpes. Dous triplos de Trevor Cooney que parecían achegar ao Leyma ao seu rival eran rapidamente contestados os valisoletanos. Os laranxas chegaban ao acto definitivo nove abaixo (46-55).

O Leyma Coruña non era capaz de acertar debaixo do aro rival, o que frustraba o bo traballo en defensa, que facía que Carramimbre esgotase varias veces a posesión. Os fallos en bandexas e debaixo de canastra impedían aos locais consumar a remontada.

Os laranxas xogarán o mércores día 1 de novembro ás 18.00 a domicilio o duelo aprazado ante o Río Ourense Termal e o sábado 4 en idéntico horario recibirán ao Força Lleida.

Esperámosvos a todos para apoiar ao noso equipo nesta importante contenda!









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro