Primer equipo | 01/10/2014 20:42
Kyle Rowley e Anxo comezan as visitas aos centros escolares

O Leyma volveu, unha tempada máis ao colexio, esta mañá Anxo Hernández e Kyle Rowley visitaron aos estudantes do primeiro curso do ciclo formativo de Técnicos Superior en animación de actividades físicas e deportivas.
Tanto Anxo como Kyle responderon ás preguntas de todos os alumnos, os cales se mostraron moi interesados en coñecer os hábitos de vida e traballo como deportistas. Todos gozaron dun intre agradable falando de algo que apaixona a todos os presentes, o deporte.