Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Actividades | 26/04/2017 19:10

Xogadores do Leyma Coruña impulsan a campaña

Jugadores del Leyma Coruña impulsan la campaña “Mete el triple de tu vida

Os xogadores do Leyma Coruña Joan Creus, Larry Abia e Pablo Ferreiro acudiron esta mañá á unidade móbil de doazón de sangue situado na Facultade de Económicas para impulsar a campaña "Mete a tripla da túa vida", unha iniciativa desenvolvida en colaboración coa Irmandade de Doantes de Sangue e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Xunta de Galicia.

De cada doazón de sangue obtéñense tres compoñentes sanguíneos, que poden axudar a tres enfermos diferentes, de aí o slogan "Mete o triplo da túa vida". Os xogadores obsequiaron aos doantes que estaban a participar na unidade móbil con camisetas da campaña asinadas por todo o equipo e agradeceron a todos a súa solidariedade, imprescindible para salvar a vida de miles de persoas cada ano.

Como parte do programa "17 partidos 17 causas" que o club baloncestístico desenvolve coa Obra Social "la Caixa", a doazón de sangue será a causa do encontro que o primeiro equipo disputará o venres 28 de abril ás 21:00 horas en Riazor fronte ao Club Melilla Baloncesto. Todas as persoas que ata ese día doen sangue serán obsequiados con entradas para gozar do último choque dos laranxas na fase regular, antes de iniciar os playoff de ascenso á ACB.

No descanso do duelo no Palacio dos Deportes de Riazor realizarase unha homenaxe aos membros da Asociación de Bombeiros da Coruña e da Irmandade de Doantes de Sangue polo éxito da súa campaña "Salva vidas en 10 minutos". Ademais, nos descansos de cada cuarto sortearanse un balón e dez camisetas coa lema "Doa Sangue" asinados por todo o persoal do Leyma Coruña. Nas bancadas do Palacio distribuiranse tarjetones informativos dando conta dos lugares onde se pode realizar este acto solidario.








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro