Jorge García entre os 12 da selección galega cadete, e o Teresa Herrera de minibasket, protagonistas na semana de reis

Uxía Cascales López e Antón Lorenzo Portela son os xogadores do club chamados pola Federación Galega de Baloncesto para acudir ao "All mini Star", XII Torneo Teresa Herrera que organiza o propio club e no que a Selección Galega participa co equipo Feminino 2007 e Masculino 2007.

A convocatoria é para o martes día 2 ás 21:00 xa que o Torneo dispútase os días 3 e 4 de Xaneiro e as instalacións de aloxamento e manutención serán as mesmas que se utilicen para o resto dos equipos participantes no torneo. Para poder ver toda a información acerca deste torneo:

http://www.basquetcoruna.com/es/noticia/el-3-e-4-de-xaneiro-chega-o-xii-torneo-teresa-ferreira-de-minibasquet-do-club-basquet-coruna

Jorge García Barreiro está convocado coa Selección Galega Cadete Masculina, para acudir ao Campionato de Seleccións Autonómicas que se celebra en Valladolid do 2 ao 7 de xaneiro. Lembramos que nesta mesma selección está presente outro "laranxa"; neste caso, o técnico da canteira Héctor Méndez Vidal que comparece como axudante no corpo técnico deste combinado.

Os adversarios para os galegos da cadete masculina neste campionato serán as seleccións autonómicas de Catilla e León, Ceuta, Navarra e Melilla. A competición será en formato liguiña os días 4 e 5, o sábado 6 xogaranse semifinais e o domingo 7 a final.

Para mais información achega do Campionato de Seleccións Autonómicas:

http://www.gigantes.com/cantera/competiciones-torneos-e-campionatos/valladolid-acolle-os-campionatos-españa-infantil-cadete-selecciones-autonómicas

Desexámoslles moitísima sorte ao noso tres ?laranxas? e estamos seguros de que realizarán un gran papel nas diferentes convocatorias.