Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 28/11/2018 20:28

Jeff Xavier incorpórase ao Leyma Coruña

Jeff Xavier se incorpora al Leyma Coruña

O Leyma Coruña debido a seguir sumando lesións nos diferentes integrantes do seu persoal, pecha a fichaxe de Jeff Xavier, xogador de gran experiencia nesta liga, achegando nalgúns dos mellores equipos das últimas tempadas en Cáceres, Lugo, Burgos ou Palencia.

A base do equipo, Braxton Ogbueze, lesionouse o seu xeonllo esquerdo nun lance de xogo do partido do pasado venres. O parte médico emitido hoxe polos servizos do club refire: ?O xogador presenta unha afectacion parcial do ligamento rotuliano na súa inserción proximal en rotula polo que deberá realizar fisioterapia e repouso deportivo nas próximas semanas ata a súa recuperación?. Esta situación, unida ás baixas xa coñecidas de Larry Abia, Carlos Martínez e Zach Monaghan e aos problemas de Pablo Ferreiro cunha fisura nun dedo, unida á xanela FIBA que nos fai perder a Jonathan Araujo para o partido deste domingo, situaba ao equipo en circunstancias moi complicadas para afrontar os próximos compromisos.

A chegada de Xavier vén achegar un efectivo máis durante esta praga de lesións, buscando contribuír coa súa experiencia e a súa capacidade como anotador. O xogador con pasaporte Cotonou pasará mañá o recoñecemento médico, e en caso de non haber ningunha incidencia incorporarase inmediatamente aos adestramentos do equipo.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city