Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña Senior - Xerion · 28/05/2017 19:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma - Peleteiro B · 28/05/2017 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña - Culleredo · 28/05/2017 17:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña 02 · 27/05/2017 20:00 Polideportivo Brens || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 02B - CD Los Rosales · 28/05/2017 12:00 Ventorrillo || Infantil Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña 03B - Baloncesto Cambre 03 · 27/05/2017 12:30 Elviña II || Infantil Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña 04B - Culleredo Almeiras · 27/05/2017 11:00 Elviña II || Infantil Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña Monte das Moas - Obradoiro · 27/05/2017 19:00 Elviña II || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Jesuitinas - Básquet Coruña Leyma 06 · 28/05/2017 12:30 Agra II || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Latorre - Básquet Coruña 06 · 27/05/2017 09:30 Agra II || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 05 - Calasanz · 25/05/2017 09:30 Agra II || Preminibasquet Fem.: Sigaltec - Básquet Coruña Leyma 07 · 27/05/2017 17:30 Estrada || Preminibasquet Masc.: CAB 2007 Mas - Básquet Coruña 07 · 27/05/2017 13:30 Estrada || Preminibasquet Masc.: CB Arteixo - Básquet Coruña 08 · 27/05/2017 11:00 Agra II || Preminibasquet Masc.: Básquet Coruña Eusebio da Guarda 07 - Montrove · 27/05/2017 11:00 Agra II

Actividades | 16/05/2017 13:45

Javier Orosa, nas xornadas

Javier Orosa, en las jornadas “Y tú cómo entrenas” del Club Básquet Coruña

Este domingo 21 de maio terá lugar unha nova sesión das Xornadas de Formación para Adestradores organizadas polo Club Básquet Coruña baixo o título "E ti como adestras?".

A cita é ás 19:00 horas na Polideportiva de Riazor 1 e nesta ocasión o relator é o técnico Javier Orosa, quen falará sobre "Pintura Barroca Holandesa: metodoloxía de adestramento para categorías de formación", seguindo coa temática elixida para todo o ciclo na presente tempada, centrada en todos os aspectos que incumben aos primeiros anos de preparación das novas xeracións de xogadores e xogadoras que se inician no deporte da canastra.

As xornadas están abertas a todos os adestradores e adestradoras de baloncesto da Coruña e de Galicia en xeral. Así mesmo, poden asistir afeccionados que desexen profundar nos temas abordados, do mesmo xeito que técnicos doutras modalidades deportivas. A Federación Galega de Baloncesto outorga 3 horas de formación por xornada aos participantes en proceso de obtención dalgún dos títulos de adestrador desta disciplina deportiva.

Para asistir, tan só é necesario comunicalo previamente ao club, enviando un correo á dirección club@basquetcoruna.com

Con este ciclo, que conta co apoio da Fundación Emalcsa, o Club Básquet Coruña pretende favorecer a formación dos seus adestradores/as e abrirse á colaboración con outras entidades deportivas, ofrecendo un foro estable no que compartir coñecementos e experiencias da man de profesionais de prestixio, co fin último de contribuír ao progreso do deporte galego mediante a cualificación dos seus técnicos. Tamén se busca aproveitar sinerxías coa Federación Galega de Baloncesto e entre os propios clubs.

Tras a charla deste domingo celebrarase unha sesión o 18 de xuño -tema e experto pendentes de confirmación- coa que se clausurará a presente edición das Xornadas.









federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankcoca colaaltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial