Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Primer equipo | 21/07/2016 19:30

Javi Lucas volverá vestir de laranxa

Javi Lucas volverá a vestir de naranja

Javi Lucas, ex xogador do Leyma Básquet Coruña, volverá vestir a camiseta laranxa na tempada LEB Ouro 2016-2017 tras o acordo alcanzado co club herculino.

Do mesmo xeito que o alero lituano Tautvidas Sabonis, que materializou recentemente o seu compromiso co equipo coruñés, Javi Lucas procede das filas da Palma Air Europa, onde militou na última tempada. Agora regresa á Coruña coa ilusión de seguir consolidando o proxecto laranxa e de axudar a que o baloncesto siga dando alegrías á afección coruñesa.

Entre as virtudes deportivas do á pivote alacantino atópanse a súa gran mobilidade e poder de intimidación pola súa envergadura, con 207 cm de altura. Durante o seu catro tempadas na Coruña xogou de catro, alero alto e pivote, que é a posición na que máis xogou no último ano.

Aínda sen prodigarse moito, é un xogador con bo tiro de 3 puntos. Moi rápido nas transicións, nas que lle gusta finalizar con mate incluso alley-oop, mellorou moito no xogo do pick and roll e poste baixo. Pode defender afastado do aro e é un bo reboteador tanto ofensiva como defensivamente.

Con esta nova fichaxe, o equipo que seguirá comandando Tito Díaz conta polo momento con sete renovacións confirmadas para a nova tempada -Gediminas Zyle, Ben Stelzer, Zach Monaghan, Ángel Hernández, Sergio Olmos, Dago Pena e Joan Creus- e dúas novas incorporacións, Sabonis e Lucas.

Traxectoria deportiva e estatísticas 2015-2016

2001-08 Categorias inferiores Lucemtum Baloncesto Alicante SAD.

2008-09 Liga EBA Lucentum Alacante.

2009-10 LEB Prata Obila Club de Basket (Ávila).

2010-11 LEB Prata Club Básquet Coruña.

2011-12 LEB Prata Club Básquet Coruña.

2012-13 Empeza en LEB Ouro e acaba en Liga EBA Básquet Coruña.

2013-14 LEB Ouro Básquet Coruña.

2014-15 LEB Ouro Valladolid Club de Baloncesto (perde contra o Café Candeas Breogán nas semifinais polo ascenso ACB)

2015-16 Club Baloncesto Imprenta Baía (Palma Air Europa)

As súas estatísticas na tempada 2015 -16 coa Palma Air Europa, en 30 partidos e 21 minutos por partido: 6 Puntos 5 Rebotes (1,5 ofensivos) (59,5% T.2 ) (33% T.3) (69% T.L.) 9 Valoración.

 








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro