Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Equipos base | 07/03/2016 11:53

Infantil Feminino 02: "Crónica do desasosego"

Infantil Femenino 02:

"O corazón, se puidese pensar, pararíase"

(Fernando Pessoa, Libro do desasosego)

Hai días nos que hai que ser moi valente para saír á rúa. É xenial cando tócanche as fadas coa varita e as cousas saen soas, e a sorte devólveche o que adestraches e todo o que che esforzas a diario. Pero cando pasa a comparsa bailando coa música e ti quédasche mirando como se divirten os do desfile, quédaseche o corazón xeado.

Non sabemos se foi o cambio de escenario, que impresionou ás sempre intrépidas infantís do Basquet Coruña Leyma 02, ou o partido previo que nos permitiu quentar escasos 20 minutos. A cuestión é que, nada máis comezar, o aro resultounos unha fechadura infranqueable. As bandexas, os tiros curtos a táboa, todo parecía blindado para nós. Para máis inri as rivais anotaban ata o tiro exterior coma se adestrasen alí a diario, e a nosa falta de rebote e os repetidos descoidos defensivos abriron brecha no marcador. O 5-15 do primeiro cuarto resultounos unha laxa difícil de cargar ás costas, e aínda que reaccionamos a nivel anotador no segundo cuarto (9-14), chegamos ao descanso cunha desvantaxe de 15 puntos e o firme propósito de levantalo.

A segunda parte foi máis do mesmo, con menor anotación por ambos os equipos e unha seca pola nosa banda que nos deixou en 9 puntos e cun castigo un tanto excesivo para a vontade que puxemos (23-53).

Querémonos ata o punto de pornos de acordo e facelo mal todas xuntas. Así que nos levantaremos da mesma maneira e máis fortes. Por sorte, co corazón intacto.

Básquet Coruña Leyma 02 (5+9+5+4) 23: Adela Villar, Sara Lara, Lucía Méndez, Iria Candal, Lucía Cernadas, Sara Añón, Tania Viqueira (lesionada), Esther Veiga, Branca Fernández (alevín) e Sara Fernández.

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces, Laura Pozo.

Escola Básket Xiria (15+14+12+12) 53: Martínez, Casais, Casal, Cotelo, García, Pallas, Oliveira, Martínez, Porteiro, Varela, Antelo e Castiñeiras.

Adestradores: Javi Varela.








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro