Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 10/03/2016 10:02

Inés Ferreiro e Laura Ibáñez, convocadas ao All Star da Federación

Inés Herrero y Laura Ibáñez, convocadas al All Star de la Federación

Tras os CETIs realizados durante toda a tempada nas distintas áreas xeográficas da Federación Galega de Baloncesto, o vindeiro sábado 19 de marzo a entidade federativa celebrará unha nova actividade de tecnificación, a All Star Masculina e Feminina. O lugar de celebración será o Pavillón Municipal do Burgo en Culleredo e con esta xornada búscase proseguir o control e seguimento dos mozos deportistas por parte de técnicos de Área Deportiva da FGB.

Estará dirixida a xogadores e xogadoras nacidos en 2003. Por parte do Club Básquet Coruña foron convocadas ao All Star Feminino nosas deportistas Inés Ferreiro e Laura Ibáñez. Ambas adestrarán e participarán no partido amigable que está previsto que disputen entre si as 21 xogadoras do catro provincias galegas chamadas á xornada, baixo as ordes do adestrador Fernán Varela. Pola súa banda, os 20 xogadores do All Star Masculino seguirán as directrices do técnico Cristino Menor.

A actividade comezará para os dous grupos ás 9:30 da mañá e o horario dos adestramentos será de 10:00 a 12:00 e de 16:00 a 19:00 horas, incluídos os encontros amigables fixados para o cinco da tarde.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro