Importantes compromisos para o noso Leyma Ou12, Leyma Ou10 e Ou10 premini na Estrada

O noso Leyma Ou12 disputará este fin de semana a fase final da liga FGB de Minibásket na Estrada. Un premio ao bo traballo desenvolvido polo noso novo equipo, dirixido por Agustín Arcos nesta tempada, que comezou cun gran papel na primeira fase na liga regular norte B, na que finalizaron segundas cun balance de 7-1, só por detrás de Pío XII Rosalía, co mesmo balance.

Mentres, na segunda fase Norte A1 impuxéronse no seu cruzamento a Cluny 007 (38-58). Este fin de semana no Pavillón Manuel Coto Ferreiro da Estrada mediranse o sábado ás 11.30 a Porriño Saudevisión.

Tamén lograron a clasificación para estas fases finais tanto o noso Leyma Ou10 e o Ou10 de premini.

Desde o Básquet Coruña desexamos moita sorte aos nosos equipos e desexamos que gocen nesta final das súas respectivas tempadas.