Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 21/06/2018 22:18

Gustavo Aranzana continuará como primeiro adestrador do Leyma Coruña en Leb Ouro

Gustavo Aranzana continuará como primer entrenador del Leyma Coruña en Leb Oro

O técnico Gustavo Aranzana volverá liderar o proxecto do Leyma Coruña en Leb Ouro tras o acordo alcanzado co club laranxa para a súa continuidade, despois das conversacións mantidas nos últimos días. Garántese a prolongación do corpo técnico da tempada pasada con Charly Uzal como segundo adestrador e Gustavo Gago como preparador físico.

Aranzana, con ampla experiencia en ACB, dirixiu aos laranxas o curso pasado, conseguindo disputar o playoff de ascenso de ACB no que LEYMA Coruña enfrontouse a ICL Manresa, e tras unha disputadísima serie na que estivo a piques de eliminar ao favorito da competición no cuarto partido da serie en Riazor nun final de infarto, acabou finalmente caendo no quinto e definitivo partido no Nou Congost. Ao cabo, ILC Manresa lograría o ascenso a Liga Endesa.

O corpo técnico atópase xa traballando, xunto coa directiva, na configuración do persoal da próxima tempada, na que xa non estará seguro Sergio Olmos que aceptou a oferta realizada polo Club Selecta baloncesto. O Club aproveita o ocasión para agradecer a Sergio a súa implicación durante o tres últimos anos co Club laranxa e deséxalle os maiores éxitos na súa nova andaina.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city