Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 02/05/2018 19:12

Gustavo Aranzana considera que o play off é un premio para gozar

Gustavo Aranzana considera que el play off es un premio para disfrutar

Gustavo Aranzana, técnico do Leyma Coruña, considera que chegou o momento de gozar do premio dos play off, obxectivo conseguido e merecido grazas ao traballo dos xogadores durante toda a tempada. "Estar nos play off parece sinxelo, pero non o é", apuntou o técnico valisoletano facendo referencia á traxectoria do club nas últimas tempadas, con presenza case constante nas eliminatorias de ascenso a liga ACB.

"O equipo está ben, está san, que é o máis importante neste momento da tempada. Adestrou ben durante a semana e quédanos un adestramento máis en Barcelona antes do primeiro partido, para insistir en coidar os detalles, que son os que marcan a diferenza.," declarou o adestrador coruñés.

"Mellorar o control do xogo sendo duros mentalmente, e a parcela do rebote, son os principais obxectivos para o primeiro partido, que é onde debemos concentrar toda a nosa enerxía. Só cando este termine, e suceda o que suceda, será o momento de pensar no segundo", aclarou.

Aranzana non entrou a valorar o cambio de adestrador do equipo manresano, senón que incidiu en que "é un excelente equipo, que castiga os erros do rival e cunha gran circulación de balón. En defensa alterna defensas individuais con algunha zona press e zona. Se quedou terceiro é porque fai moitas cousas ben, cun cadro de persoal extraordinario, matizou o valisoletano.

"Imos crer no que imos facer e tratar de despregar un bo baloncesto", resolveu, co que espera que a eliminatoria volva a Coruña en boas condicións para recibir o apoio da nosa afección na cita do venres 11 ás 21:00 horas.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro