Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 26/04/2018 13:10

Gustavo Aranzana avisa de que o duelo ante o CB Clavijo será unha final

Gustavo Aranzana avisa de que el duelo ante el CB Clavijo será una final

O Leyma Coruña tentará terminar a tempada, antes de comezar o playoff de ascenso a ACB, cun triunfo á conta dun necesitado CB Clavijo, que chega á última xornada sen depender de si mesmo para salvar a categoría.

Gustavo Aranzana considera que é tempo, no prólogo desta contenda, de "felicitar aos xogadores, porque traballaron enormemente oito meses, moi duro, con moita responsabilidade e con momentos moi difíciles. Todos sabemos o que nos custou ao principio, e é para estar contentos, porque só oito equipos imos estar nestes playoff e iso sempre hai que tomalo como unha motivación extra".

Chegar ata aquí "é bo para o club, para todos e era o obxectivo, pero iso non quita que haxa que tentar acabar a liga cunha vitoria e comezar os playoff cunha boa dinámica".

Con respecto ao ambiente na Rioxa, está seguro de que o opoñente e o público van apertar desde o inicio. "É unha boa preparación para os playoff, imos atopar a un rival loxicamente que se perde descende, o que é durísimo, pero que se gaña aínda tería que esperar a outros resultados, polo que a xestión do tema mental vai ser importante. Teremos que controlar as emocións tanto do rival como as nosas nunha cancha na que haberá presión ambiental, emocional e tensión polo que se xoga", aclara.

Aranzana cre que é un duelo para que o Leyma Coruña mostre "personalidade, saber estar e control. Temos que tentar gañar para manter o oitavo posto, independentemente do rival que nos poida tocar en playoff". Apela a que o Leyma Coruña "sexa profesional, porque hai que saír a gañar, hai moitos equipos involucrados na pelexa polo descenso e nós imos dar o máximo para gañar".

Recoñece que as 'desconexións' do cadro laranxa custáronlle varios partidos e seguen traballando en emendalas. "Sabemos que en ocasións nos desconectamos e ímonos do partido, o último encontro é unha mostra inequívoca: momentos moi brillantes e logo por diversas circunstancias perdemos a concentración. Incidimos todas as semanas nisto, pero temos que seguir traballando, perseverar e sabemos que xogar contra o Clavijo é idóneo, porque nos vai a esixir comportamento, concentración máxima, eles sairán durísimos e a romper o partido, polo que será como unha final, polo que nos ten que valer de aprendizaxe e facernos máis fortes para os playoff".









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro