Grandes vantaxes para os abonados laranxas no playoff de ascenso a Liga ACB

O Leyma Natura Básquet Coruña disputará o playoff de ascenso a ACB e farao co factor cancha a favor, despois da súa última vitoria ante Lleida (100-86). O conxunto que dirixe Tito Díaz medirase ao Breogán na que será,en palabras do técnico,"unha gran festa do baloncesto galego". Con ese obxectivo, o club laranxa lanza unha campaña de entradas para o playoff a prezos populares. O primeiro dos encontros será o vindeiro venres día 22 ás 21.00 horas no Palacio dos Deportes de Riazor, seguiralle o partido do domingo día 24 ás 12.00h e o quinto choque da competición, de Novo en Riazor en caso de ser necesario, será o martes 3 de maio ás 21.00. Lembramos que pasará a semifinais o mellor do cinco partidos.

Como recoñecemento ao seu compromiso e o seu apoio durante toda a campaña, os abonados durante toda a tempada do Leyma Básquet Coruña terán grandes descontos no prezo das localidades. Poderán adquirir a súa entrada de adulto ao prezo simbólico de 5 euros se se trata só dun encontro e de 8 euros para adquirir o pack que inclúe os dous primeiros partidos. No caso dos xogadores do club, independentemente do número de encontros, a entrada para a asistencia ao playoff será gratuíta. Para os abonados familiares durante a tempada regular, o prezo por un partido será de 8 ou 12 euros polo pack de dous. No caso dos abonos especiais (menores de 25 anos, desempregados ou persoas con discapacidade) a cota será de 3 euros por un partido e 5 euros por dous, mentres que para abonados +65 os prezos serán de 4 e 7 euros, respectivamente. Para os abonos de empresa, estes terán que acudir ás oficinas do club para realizar a compra anticipada de localidades, e as cotas serán de 5 euros, a entrada, e 8 euros o pack.

Para o resto de público que queira acudir a Riazor para gozar co xogo do Leyma Natura e o derbi galego que disputará co Breogán, os prezos por adulto serán de 15 euros por un partido e 25 polo pack de dous, e no caso da idade infantil (de 3 a 17 anos) 3 e 5 euros, en función da opción escollida. Así mesmo, todas as persoas, que adquiran ou renoven o seu abono da liga regular no pack de dous partidos, terán unha bonificación na contía do quinto partido de playoff en caso de celebrarse.

No caso dos afeccionados do Breogán, poderán dirixirse ao seu club para a venda de localidades, xa que se lle facilitará entradas e información pormenorizada. Pola súa banda, os seguidores laranxas poderán adquirilas a través da venda anticipada xa en marcha na web do club: www.basquetcoruna.com ou acudindo á sede do mesmo, sita en Arquitecto Rei Pedreira número 3, en horario de luns a venres de 10 a 13:30 horas e de 16.30 a 20:00 horas.

Desde o Leyma Básquet Coruña queremos animar a todos os afeccionados coruñeses ao baloncesto para que non dubiden en vir animar ao conxunto laranxa, nun derbi galego con grandes atractivos e que medirá a dous dos conxuntos máis en forma da Leb Ouro. Queremos que o público vibre co xogo do noso equipo e que o sentimento laranxa esténdase pola cidade. Vés?

Ligazón á área de compra