Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Club Melilla Baloncesto - Leyma Coruña · 22/11/2019 20:15 Melilla

Primer equipo | 21/08/2019 11:00

Gran acollida da primeira fase da campaña de abonados #ETíDeQuenVesSendo do Leyma Coruña

Gran acogida de la primera fase de la campaña de abonados #ETíDeQuenVesSendo del Leyma Coruña

O pasado día 15 finalizou a primeira fase da campaña de abonados baixo o slogan #ETiDeQuenVesSendo cun crecemento importante respecto o mesmo período do ano pasado.

Sen ter en conta os xogadores das categorías basee e os abonos de empresa (materialízanse en setembro), o número de abonados que se deron de alta a 15 de agosto foi de 766, un 14% superior á cifra da tempada anterior a esa mesma data e o que é máis importante, lixeiramente superior ao total de abonados co que se iniciou a tempada 17-18, hai tan só 2 anos -sen ter en conta as categorías basee e os abonos das empresas.

Este aumento do número de abonados é unha gran noticia para o baloncesto na área metropolitana da Coruña e en especial para o Leyma Coruña, que pon de manifesto o crecente interese do público por este deporte e por asistir cada fin de semana a gozar do espectáculo e do ambiente do baloncesto en vivo en #OFornoDeRiazor, onde os afeccionados e en especial os máis pequenos poden coñecer de preto aos xogadores.

Tras o peche desta primeira fase da campaña, iníciase a segunda fase que finalizará o 15 de outubro, na que o Leyma Coruña espera manter o crecemento do 14% e superar con claridade os 2.000 carnés de abonados, incluíndo ás empresas e xogadores da base.

O club quere aproveitar este comunicado para agradecer o apoio por parte dos afeccionados que está a recibir a campaña, e para lembrar que a data oficial dos partidos na Coruña queda establecida os domingos ás 18:00 horas, en lugar da habitual dos venres ás 20:45 horas.

Indicar por último que para facerse abonado ao Leyma Coruña, está dispoñible a subscrición a través da web do club, así como tamén de forma presencial de luns a venres de 10:00 a 13:30 horas en horario de mañá, e de 16:30 a 20:00 horas en horario de tarde, nas nosas oficinas situadas en Cálea Arquitecto Rei Pedreira 3 baixo da Coruña.

Durante esta segunda parte da campaña seguirá vixente a promoción 1+1 na que un abonado da tempada 18-19 que se abone e traia un novo abonado de igual ou superior importe, ten un desconto do 50% na súa renovación.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro