Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Actividades | 08/04/2016 15:48

Grazas por axudarnos a estender o sentimento laranxa na rúa, na bancada e na rede

Gracias por ayudarnos a extender el sentimiento naranja en la calle, en la grada y en la red

Agora que noso equipo LEB Ouro meteu o pé na loita polo ascenso á ACB, é un bo momento para facer balance doutro importante paso adiante dado polo Club nesta tempada. Referímonos ao fortalecemento da comunicación e o diálogo entre todos os que formamos parte do sentimento laranxa e gozamos do baloncesto como deporte e como escola de valores. Porque temos moito que contarnos e compartir.

Grazas a todos vós e a tantas persoas que viven nosa mesma paixón, as redes sociais do Club Básquet Coruña seguen crecendo en adhesión e participación, cun aumento de mil seguidores en Twitter desde o inicio de tempada. Este avance sitúa ao Club entre os máis seguidos en Twitter de todos os que participan na liga LEB Ouro, situándonos ao redor dos 6.300 seguidores actuais, ademais de contar con máis de 5.700 ?gústame? no caso de Facebook.

Máis espectacular aínda é o aumento de visitas da nosa web, que desde a súa redeseño o pasado verán, non cesa de crecer en notoriedade, deixando moi atrás as 5.000 visitas da pasada tempada e situándonos actualmente nunha media de 9.000 ao mes. A iso contribuíu non só a permanente actualización de noticias tanto da base como do equipo LEB Ouro, senón tamén a mellora na retransmisión dos partidos do primeiro equipo vía streaming.

No caso dos encontros disputados no Palacio dos Deportes de Riazor, desde o pasado mes de febreiro incorporamos ás nosas retransmisións en directo a narración de David García e os comentarios de Carlos Mirás Ávalos, Pablo Alonso Suárez e algúns adestradores do club. Nada como gozar os partidos en vivo desde a bancada pero, cando non pode ser, contamos con esta excelente alternativa, enriquecida polas achegas de tres bos coñecedores e entusiastas do baloncesto.

E, para finalizar este repaso ás nosas canles dixitais, non esquecemos os vídeos de Youtube e as galerías de fotos en Flickr, con numeroso material tanto da dimensión deportiva e lúdica como da acción social do Club, ou o boletín que puntualmente vos remitimos cada semana para informarvos das novidades máis destacables do noso día a día.

Non nos cansaremos de darvos as grazas por formar parte desta comunidade real e virtual que é a marea laranxa, así como por axudarnos a seguir estendéndoa en toda A Coruña e arredores. E, grazas a internet, moito máis alá.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city