Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 54-42 Estudiantes Lugo Leyma Natura · 17/02/2019 12:00 Ventorrillo

Actividades | 05/02/2019 09:36

Grazas a toda a afección laranxa por un novo éxito co mosaico laranxa desafiando as inclemencias meteorolóxicas

Gracias a toda la afición naranja por un nuevo éxito con el mosaico naranja desafiando las inclemencias meteorológicas

O pasado venres vivimos unha gran vitoria fronte ao CB Prat acompañados de máis de 3000 afeccionados que desafiaron as inclemencias meteorolóxicas para apoiar ao equipo. Por iso todos os que formamos o Club Básquet Coruña queremos agradecer a todos os nosos seguidores/as, encabezados como non polo Tsunami e o Nordés Laranxa, que acudisen a esta cita.

Por suposto é necesario agradecer tamén o apoio de Mahou, xa que grazas ao noso patrocinador puidemos volver pintar a bancada coa cor que máis nos gusta. O laranxa dese mosaico informaba nesta ocasión dunha promo que a nosa marca de cervexa vai levar a cabo nos seus mellores locais. Só tedes que buscar un panel como o que ilustra a foto desta noticia, nos establecementos de Mahou, e tras unha consumición, poderedes facer a vosa aposta nesa grella de números. Se o voso número coincide coas dúas últimas cifras do sorteo do ONCE da data indicada, gañaredes unha camiseta oficial do Leyma Coruña desta tempada. Por suposto co número 5, como non pode ser doutra maneira cunha cervexa 5 Estrelas.

Aproveitamos tamén para lembrar que segue aberta a campaña de abonos de metade de tempada, cuns prezos imbatibles para ver o gran baloncesto da LEB Ouro.

Campaña de abonos






Deseño Web Duacode



federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro