Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 17/11/2019 21:52

Golpe sobre a mesa

Golpe sobre la mesa

Quizais non moitos confiaban en que o Leyma Coruña fose capaz de plantarlle cara e vencer ao líder. Un Palencia que chegaba a #OFornodeRiazor, encadeando 7 vitorias consecutivas, pero que tivo que dobregarse ante unha marea laranxa que arrasou ao seu paso. Imperial en defensa, soberbia en ataque e apoiada por unha afección, que foi o sexto xogador e que alentou canto puido e máis guiando ao equipo cara a un 82-76 que lle daba a vitoria.

Comezaba o encontro cun enchufado equipo local, que ía sumando puntos, sobre todo, obra de Perris Blackwell (anotou 10 puntos no primeiro cuarto). Non era un partido para estar dispersos, e os laranxas tíñano tan claro, que non deixaron nada ao azar. Canastras de dúas, de tres, tiros libres? todo entraba. A defensa plantaba cara ao Palencia e ata o descanso (47-39), o predominio local foi evidente, destacando o estilo de xogo e o ser ?equipo?, algo ao que Sergio García fixera referencia.

Ao comezo do terceiro cuarto, o Palencia entraba con ganas ao encontro, anotando unha serie de canastras seguidas e que facían perigar a vantaxe do Leyma Coruña. Con todo, o equipo local soubo manterse firme e concentrado. Algo que continuou facendo o último cuarto, aínda cando o marcador bailaba empatándose e desempatándose durante bastantes minutos.

Pero un tiro de Kamba rompía definitivamente o empate, ao que se lle foron sumando tiros libres de Xavier e Peciukevicius, que fixaron o marcador no definitivo 82-76.

Sen dúbida, unha gran vitoria do equipo, despois dun gran partido. Grazas á afección polo seu apoio e axuda indispensable no encontro de hoxe.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city