Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Equipos base | 25/05/2015 12:11

Fedesa Rosalía e PBB clasifícanse para o Campionato de España

Fedesa Rosalía y PBB se clasifican para el Campeonato de España

Os nosos despiden unha grandísima tempada cun terceiro posto.

O equipo infantil masculino non puido superar ao Porriño na súa semifinal e quedouse ás portas de disputar o Campionato de España de baloncesto. Esta terceira posición non embaza a boa tempada feita polos nosos mozos e o seu corpo técnico, unha tempada que comezou a principios do mes de agosto para conseguir primeiramente unha praza en  a 1ª división infantil, unha vez alcanzada a clasificación para competir na máxima categoría mantivéronse nos primeiros postos toda a tempada, traballando día a día e evolucionando como xogadores de baloncesto. 

Terminaran segundos na tempada regular e encaraban esta final A 4 cunha gran ilusión ante a posibilidade de alcanzar unha praza para disputar o Campionato de España infantil. Finalmente non puido ser pero iso non embaza o gran traballo realizado tanto polos xogadores como polos seus adestradores  ao longo do ano. Por iso a tempada non merece outro cualificativo que sobresaliente.

Na primeira semifinal do torneo que disputaban Sigaltec e Instituto Rosalía, o equipo santiagués impúxose por 60 a 67.

Na segunda semifinal que enfrontaba ao Básquet Coruña con PBB (Porriño) onde os nosos caeron por 60 a 72.

Xa na xornada de tarde, disputaríanse os partidos polo terceiro e cuarto posto e a final do torneo.

Na final de consolación, os nosos mozos sobrepuxéronse á derrota da mañá e sacaron o novamente o mellor de se mesmos para vencer por 88 a 81 a Sigaltec tras unha prórroga.

Na gran final o Instituto Rosalía alzouse co campionato ao vencer por 42 a 68 ao PBB Porriño.

O Club Básquet Coruña desexa agradecer a todos os equipos participantes a gran xornada de baloncesto ofrecida así como o comportamento deportivo mostrado.

 










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city