Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Actividades | 10/04/2019 12:20

FEAFES Galicia, protagonista de '17 partidos, 17 causas' da Obra Social a Caixa

FEAFES Galicia, protagonista de '17 partidos, 17 causas' de La Obra Social la Caixa

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES) será a entidade protagonista do noso programa solidario '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa.

A asociación será homenaxeada no intermedio entre o primeiro e o segundo cuarto. Trátase dunha entidade sen ánimo de lucro e de interese social que naceu en 1995. A súa misión é liderar e representar o movemento asociativo dos galegos e galegas con problemas de saúde mental e ás súas familias, defender os dereitos deste colectivo e mellorar a súa calidade de vida para conseguir unha plena integración na comunidade

Co obxectivo de ofrecer unha atención integral ás persoas con problemas de saúde mental e aos seus familiares, saúde mental FEAFES Galicia conta cos seguintes servizos, de carácter gratuíto: información e asesoramento personalizados, emprego e formación, lecer e deportes, comunicación e sensibilización e apoio ás asociacións.

Desde o Básquet Coruña queremos agradecer a FEAFES o servizo que fan á sociedade e o apoio que brindan a este colectivo e ás súas familias.








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro