Exhibición de Dbk Taekwondo no descanso do duelo deste venres ante o Club Baloncesto Melilla

O Leyma Coruña achega ao deporte coruñés, como cada partido no Palacio dos Deportes de Riazor, e este venres 17 no descanso do duelo ante o Club Balonceto Melilla para que os mozos e mozas da Escola Federada de Taekwondo DOBOK, realicen unha exhibición deste deporte.

A escola DOBOK de Taekwondo, Boxeo e Defensa Persoal atópase nas instalacións do CSC (Coruña Sport Center) en Matogrande.

Nas súas salas e cun equipo de titulados e profesionais deportivos, adéstranse diferentes disciplinas de taekwondo e boxeo, desde cursos de iniciación e mantemento ata perfeccionamento e competición. Traballan desde a base, con idades desde o catro anos ata adultos con grupos pre-taekwondo, infantís, cadetes, xuvenís, competición, adultos, defensa persoal e boxeo.

Asímismo participan en competicións de todos os niveis. As últimas e con moi bos resultados foron o XX Open cidade de Pontevedra, os pasados 28 e 29 de outubro no que se trouxeron a casa tres outros e un bronce e o I Xogos do Eixo Atlántico celebrados en Gaia (Portugal) o 21 e 22 de outubro, no que participaron membros do club (cinco deportistas, un árbitro e un adestrador) no equipo Coruña e que volveron como Terceiros Clasificados (Cadete masculino) e segundos clasificados (Junior feminino).

No Open de Ribeira de taekwondo, celebrado tamén o pasado mes, e puntuable para o ranking galego e español, o conxunto herculino conseguiu catro medallas en categorías inferiores: un ouro, unha prata, dous bronces e unha presea de prata.

A importancia do deporte na base para a escola DOBOK e da convivencia deportiva en adestramentos e competicións ,é a clave, así como o seu compromiso coa formación impartida por profesionais.