Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 21/05/2015 12:59

Este sábado xogaranse 2 prazas para o Campionato de España infantil

 Este sábado se jugarán 2 plazas para el Campeonato de España infantil

A final A4 deste fin de semana porá en xogo DÚAS  prazas para o Campionato de España.

Aínda que nun principio unicamente o gañador desta fase final clasificaríase para o Campionato de España, a Federación Española ha outorgado a Galicia unha nova praza. Así, ademais do gañador da 1ª división infantil, Bosco Salesianos, outros dous representantes galegos estarán no Campionato de España.

Estes dous representantes, sairán da fase final que se disputará este sábado no Pavillón do Ventorrillo. Os dous equipos que alcancen a final, clasificaranse directamente.

A primeira semifinal, disputarase o sábado ás 10.30 horas entre o Sigaltec e o Instituto Rosalía de Santiago; a continuación, disputarase a segunda semifinal entre o Básquet Coruña e o PBB de Porriño .  

Xa pola tarde, disputarase a partir das 17:30 horas o partido polo terceiro e cuarto posto; mentres que a final disputarase ás 19:30 horas, de onde sairá o campión do Torneo.

 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro