Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 27/11/2014 17:56

Adestrando con mozos: Jesús Castro.

Entrenando con jóvenes: Jesús Castro.

O próximo 29 de Novembro nas Instalacións de INEF terá lugar a 2ª edición do programa adestrando con mozos, cuxo obxectivo é a tecnificación dos nosos xogadores, nun ambiente diferente aos seus adestramentos habituais e con outros adestradores do club ou invitados ao evento.

Neste caso o encargado de dirixir as sesións será Jesús Castro xogador do primeiro equipo, que estará axudado por adestradores do club. Os xogadores serán convocados a través dos seus adestradores xa que cada equipo disporá dunhas prazas determinadas, entendendo está convocatoria como un premio ao seu esforzo diario e tentando que ao longo da tempada todos poidan pasar por estas xornadas de tecnificación que levarán a cabo todos os meses.

Debido á coincidencia con partidos de competición de face a esta segunda edición haberá equipos que non poidan acudir, que terán preferencia para futuras edicións.

29 Novembro. INEF.

Sesión 1. 10:00-11:15. (Alevíns + Infantil 02)

Sesión 2. 11:15-12:30 (Infantil 01+ Infantil LG+ Cadete Feminino)

Sesión 3. 12:30-13:45 (Cadete 00b+Cadete 99+Junior Feminino)








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city