Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Actividades | 04/01/2015 12:34

O Torneo de Teresa Herrera encara a súa última xornada

El Torneo de Teresa Herrera encara su última jornada

No día de onte, nas instalacións das Polideportivas de Riazor e a antiga facultado de Maxisterio, tiveron lugar as fases previas dunha nova edición do Torneo Teresa Herrera de Minibásquet. Un torneo que ano tras ano por estas datas reúne a ao redor de 300 nenos e nenas de distintos puntos da xeografía que comparten a súa paixón polo baloncesto.

Esta primeira xornada estivo marcada pola gran asistencia de público que, en bastantes momentos, encheron as bancadas para ver este gran espectáculo ofrecido por todos os equipos participantes.

Para a xornada de hoxe, quedan reservado para a disputa da última xornada da liga regular, as fases finais da competición e os concursos.

Ás 12.30 horas, terá lugar na Polideportiva de Riazor 2, a tradicional foto de familia do torneo na que todos os equipos que disputan a competición pousarán nunha foto que quedará para o recordo de todos eles da súa participación nesta edición do Torneo.

Tras a realización desta foto, e como novidade desta edición, todos os participantes competirán nunha serie de concursos que dilucidarán o campión en distintas habilidades. A continuación disputaranse os partidos de cruzamento entre os segundos terceiros e cuartos clasificados de cada grupo que marcarán a clasificación definitiva no torneo, quedando reservada a tarde, a partir das 16.30 horas a disputa das finais masculina e feminina entre os campións de cada grupo.

 

Resultados da xornada de onte:

Jesuitinas 34 -  Basket School 22

Bf Leon 33 -  Colexio Leóns 56

Calasancias 51 -  Mercedarias 8

Ponferrada 40 -  Porriño 21

Bca 56 - Mercedarias 6

Bca 43 - Basket School 33

Colexio Leóns 56 - Ourense 37

Jesuitinas Leon 3 - Celta Vigo 58

Basket school 41 - Colexio Leóns42

Colexio Leóns 75- Calasancias 24

Jesuitinas 62 - Ourense 40

Bca 41 - Porriño 31

Bca 14 – Celta de Vigo 61

Mercedarias 4 - Ponferrada54

Jesuitinas Leon 31 - Basket School29 

Accede ao calendario do día facendo click aquí. 










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city