Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 27/09/2015 22:41

O Teresa Herrera queda en casa

El Teresa Herrera se queda en casa

Riazor vestiu as súas mellores galas para protagonizar unha nova tarde deportiva na cidade. Tras a vitoria clara do Real Club Deportivo chegou a quenda do #sentimentolaranxa, nun derbi galego que decidiría o vencedor da vigesimo novena edición do trofeo en honra a Teresa Herrera.

Reeditábase o duelo das semifinais da Copa Galicia, cun COB que xa acumulaba mais sesións de adestramento e mais efectivos, tras os atrasos ocasionados pola súa situación co seu ascenso á ACB.

Nun Palacio dos Deportes de Riazor, que viviu a mellor entrada histórica nas súas vinte e nove edicións do Teresa Herrera, coas súas portas  abertas grazas ao noso patrocinador, o Leyma Básquet Coruña impúxose ao equipo ourensán, cun marcador de 89-79. O alcalde da cidade Xulio Ferreiro, acompañado polo concelleiro José Manuel Sande, entregou ao noso capitán Jesus Castro o trofeo como campións.

Coa guinda desta vitoria finaliza a pretemporada do noso equipo, e xa só cabe emprazarnos para o vindeiro venres onde recibiremos ao Queixos Cerrato Palencia no Palacio dos Deportes, a partir das 21:00 horas.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro