Primer equipo | 02/02/2015 16:37
O partido contra o Breogán será día de apoio ao Club

O vindeiro domingo 8 de febreiro, ás 12:00 h, tes unha cita no Palacio dos Deportes: o Leyma Básquet Coruña e o Ribeira Sacra Breogán enfróntanse na 20ª xornada da liga Adecco Ouro.
Este partido foi declarado como xornada de apoio ao club. Un pequeno esforzo dos seguidores que representará unha gran axuda para a nosa entidade. Contamos contigo.
Prezo das entradas:
Entrada Ordinaria: 15 euros
Entrada Infantil (menores de 18 anos): 6 euros
Abonados maiores de 18 anos: 10 euros
Abonados menores de 18 anos: Gratis
Poderedes adquirir anticipadamente as entradas nas oficinas do club (Avenida da Habana, estadio de Riazor) de luns a xoves, en horario de 10:00 a 13:30 h e de 17:00 a 19:00 h e venres de 10 a 13:30 h; o domingo, desde unha hora antes de comezar o partido. Xunto coa entrada, aos abonados entregarásevos unha rifa para participar no sorteo dun magnífico agasallo que se celebrará ao finalizar o terceiro cuarto do partido.