Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Primer equipo | 17/02/2015 09:33

O Leyma xa prepara o partido do venres

El Leyma ya prepara el partido del viernes

O Leyma volveu onte aos adestramentos tras o tres días libres concedidos por Perico Diaz o fin de semana ao non ter xornada de liga. A configuración cun número impar de equipos da competición deparou que a semana pasada o Leyma Básquet Coruña, tivese xornada de descanso.

No día de onte, o equipo adestrouse en sesión de mañá e tarde, o mesmo hoxe martes. O mércores, adestrarase só en quenda de tarde  e o xoves, no día previo ao partido farao de mañá.

O partido desta semana, preséntase como moi importante para afastarnos do posto de descenso, xa que o Clínicas Recuncho, marcha nestes momentos na última posición da clasificación con 4 vitorias. Esta posición na clasificación pode resultar un tanto enganosa, xa que durante case toda a competición, contaron con baixas moi importantes por subir xogadores co primeiro equipo, como é o caso do pivot senegalés Nguirane e a base Soluade.

No encontro da primeira volta, disputado en Málaga, o Clínicas Recuncho vencese aos nosos por 82 a 73. 

O noso rival desta semana, o pasado fin de semana, perdeu coas Penas Huesca por 72 a 74 tras chegar a ir perdendo por 18 puntos chegaron a empatar o partido e en só algúns erros finais priváronlles de levar a vitoria.

O equipo malagueño, vinculado ao Unicaja de Málaga, está formado por xogadores moi novos cunha gran proxección, algúns deles, como comentamos anteriormente participan de forma habitual nos adestramentos e convocatorias do Unicaja. Este grupo de xogadores novos son complementados por veteranos con renome e experiencia como Richi Guillén e Alfonso Sánchez.

O partido disputarase, como é habitual, o venres ás 21 horas no Palacio dos Deportes de Riazor.

 









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro