Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Primer equipo | 19/02/2015 18:31

O Leyma xa espera o partido de mañá

El Leyma ya espera el partido de mañana

Tras a xornada de descanso que lle tocou ao Leyma o pasado fin de semana, a Adecco Ouro volve ao Palacio dos Deportes, o rival dos nosos será o filial do Unicaja, Clínicas Recuncho Axarquía, un equipo que conxunta perfectamente mocidade e experiencia.

O equipo malagueño, ocupa nestes momentos a última posición da clasificación, unha posición que non reflicte o nivel real deste equipo, xa que durante numerosos partidos, sufriron baixas importantes ao ter varios dos seus compoñentes participando co primeiro equipo. A estas baixas, uníronselles en xornadas recentes as dos seus xogadores “veteranos” Alfonso Sánchez e Richi Guillén que xa están plenamente recuperados das súas molestias físicas e que disputarán este partido a pleno rendemento. 

Na última xornada engadiron ao seu persoal unha nova incorporación, a de Maodo Nguirane, o pivot senegalés, que o ano pasado había formado deste equipo, comezara a tempada co primeiro equipo e agora o corpo técnico do Club decidiu que continúe a súa evolución co equipo filial novamente.

O estilo de xogo do Clínicas Recuncho segue o patrón de todos os filiais, é un equipo moi intenso en defensa, que está continuamente defendendo as liñas de pase e un xogo moi dinámico e alegre en ataque. 

Será un partido vibrante no que se enfrontan dous equipos que necesitan a vitoria, os visitantes para saír da última praza, mentres que para o Leyma, gañar este partido, suporía dar un paso de xigante cara ao obxectivo da salvación e manteríanos na pelexa por alcanzar os postos de privilexio.

Para este partido, Perico Diaz terá dispoñibles a todo o persoal.

Persoal do Clínicas Recuncho Axarquía:

7 José Alberto Jiménez

9 Andrej Magdevski

10 Chukwemeka Soluade

12 Rubén Gutierrez

19 Maodo Nguirane

22 Tautydas Sabonis

23 Alfonso Sánchez

33 Kenan Karadhodzi

35 romaric Belemene 

44 Richi Guillén

 Accede á rolda de prensa de Perico Diaz facendo click aquí. 









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro