Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 29/11/2014 11:16

O Leyma volve gañar e logra a cuarta vitoria da tempada

El Leyma vuelve a ganar y logra la cuarta victoria de la temporada

O partido non comezaba nada ben para os nosos, o Prat saía enchufado e lograba, grazas a un grandísimo acerto no tiro, unha renda inicial de 10 puntos (8-18) de vantaxe aos 5 minutos de comezar o encontro, o que obrigaba a Perico Diaz a solicitar o primeiro tempo morto do partido. As instrucións dadas forneceron efecto e o equipo comezou a funcionar logrando aos poucos reducir as distancias ata deixalas en 4 puntos ao termo do primeiro período (20-24).

No segundo período o Leyma continuaba enchufado, logrando controlar o rebote no seu aro e xogando con fluidez en ataque. Aos 2´de comezar o segundo cuarto, os nosos colocábanse por primeira vez por diante no marcador e aos poucos ían aumentando as distancias ata chegar ao descanso cunha renda de 12 puntos. (48-36).

O paso polos vestiarios non cambiou o guión do partido, o Leyma atascábase en ataque, pero grazas ao seu defensa lograba manter a distancia no marcador. O partido transurrió ata o final con vantaxes de entre 9 e 14 puntos para o Leyma que nunca viu perigar a vitoria.

A próxima xornada o equipo desprázase a Oviedo, onde o sábado ás 19.30 disputará o noveno partido da tempada.

LEYMA BÁSQUET CORUÑA (20+28+15+10): Rowley (10), Hernández (6), Mutakabbir (10), Petrovic (4) e Castro (15) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Burjanadze (9), Abia (6), Vujasinovic (8) e Homs (5)

PRAT JOVENTUT (20+12+18+8): Martí (3), Abalde (17), Vilanova (12), Ros (9) e Serrano (15) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Gomila (2), Costa, Guallar, Iriarte, Nikolic (4) e Sans.

 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro