Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Levitec Huesca 65-66 Leyma Coruña · 18/10/2019 21:00 Huesca || Senior Fem. 2ªDiv: C.B Laracha Novafacial 48-61 Basquet Coruña Leyma S · 20/10/2019 17:00 IES Agra de Leboris || Senior Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña S 42-73 Dimolk Xiria Artai · 19/10/2019 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: GPO.Pelé Terracha 73-37 Idefic Imatia Básquet Coruña · 18/10/2019 21:00 -- || Junior Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U18 34-74 Básquet Coruña J · 18/10/2019 21:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Junior Fem. 1ªDiv: Compañía de Maria- Vigo 67-63 Básquet Coruña Leyma J · 19/10/2019 16:00 Compañia de Maria-VIGO || Junior Masc. 2ªDiv: Compañía de Maria 76-54 Básquet Coruña U17 · 20/10/2019 17:00 Compañía de Maria - Coruña || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 34-74 Basquet Coruña J · 18/10/2019 21:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 2ªDiv: Montrove 41-69 Básquet Coruña Leyma C · 19/10/2019 17:00 Canide-Mera || Cadete Masc. 1ªDiv: CB Ría de Ribadeo 81-82 Básquet Coruña C · 20/10/2019 12:00 Pabellon Grande de Ribadeo || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U15 39-75 KFC Culleredo · 20/10/2019 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 36-75 Básquet Coruña U15 · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 98-30 BV Asesores Los Rosales · 19/10/2019 20:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 36-75 Basquet Coruña U15 · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I 64-74 Montrove · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 62-60 Basket School · 19/10/2019 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Esclavas 6-56 Básquet Coruña Leyma U13 · 19/10/2019 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Peleteiro 55-17 Básquet Coruña Leyma U12 · 20/10/2019 12:00 Montouto || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Peleteiro 63-34 Básquet Coruña U12 · 20/10/2019 12:00 Montouto

Primer equipo | 16/03/2019 00:26

O Leyma toma aire cunha importante vitoria en Melilla (67-70)

El Leyma toma aire con una importante victoria en Melilla (67-70)

O Leyma Coruña gañou na cancha do Club Melilla Baloncesto (67-70), nun encontro que foi in crescendo e no que os coruñeses souberon remontar.

O Leyma foi o primeiro que anotou no partido, pero pronto comezou a ter problemas cos locais. No ecuador do primeiro cuarto os de Alcoba chegaron a unha vantaxe de 9 puntos no marcador, con moito desacerto por parte dos laranxas no tiro de tres.

O segundo cuarto comezou cun empuxón dos herculinos que, cando pasaban dos dous minutos de xogo, acurtaron as distancias (22-21). Con todo, os de Aranzana fallaron algúns triplos e os melillenses aproveitaron estes erros para levar a dianteira. Ao descanso fóronse cun marcador de 36-29.

O equipo laranxa, tras pasar por vestiarios, repuxo forzas e comezou a presionar aos de Alcoba, ao mesmo tempo que realizaban unha mellor defensa. Cara ao final do terceiro cuarto o Leyma adiantouse no luminoso, pero os locais conseguiron finalizar con dous puntos ao seu favor (48-46).

Con todo, no último cuarto todo cambiou. O Leyma levou o ritmo, mellorou a porcentaxe de tiro de tres e reduciu as perdas. Ambos os equipos disputaron ata os últimos minutos a vitoria, pero cando quedaban pouco menos de tres minutos os de Aranzana tomaron o mando do partido para non soltalo ata o final.

O gran esforzo do equipo herculino para reverter a situación fixo que conseguisen unha vitoria nun partido moi igualado (67-70). O próximo partido do Leyma Coruña será en #OFornodeRiazor, o día 19 de marzo, ás 19.00 horas ante o Covirán Granada.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro