Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 14/09/2014 12:32

O Leyma perde co Breogán nas semifinais da Copa Galicia

El Leyma pierde con el Breogán en las semifinales de la Copa Galicia

O partido comezou moi mal para os nosos, o Ribeira Sacra Breogán comezou endosando un parcial de 19-2 nos primeiros minutos do partido que condicionou o encontro desde o principio.
Arrincou moi forte o equipo local apertando moito en defensa e anotando con certa facilidade, mentres os nosos tardaron cinco minutos en collerlle o ritmo ao partido, o que permitiu ao Breogán coller unha distancia de 17 puntos no marcador que condicionaría o resto do encontro.
Fóra destes primeiros minutos, o Leyma deu a cara durante todo o partido, e foi aos poucos collendo sensacións de equipo para competir fronte a un grandísimo rival. Ao descanso chegouse cun marcado de 44 a 31.
Tras o paso polos vestiarios, o Leyma mostrou a súa mellor cara tanto en ataque como en defensa e foi aos poucos limando diferenzas no marcador ata chegar a porse a 3 puntos a 1´ para chegar ao final deste terceiro período. Cun marcador de 57 a 52 chegábase ao cuarto definitivo.
No último cuarto o Leyma pagou o esforzo de ir a remolque durante todo o partido e mostrouse desacertado no tiro nos momentos decisivos, o que nos afastou da posibilidade de estar máis preto da final da Copa Galicia.
Non xogou o partido Nick Fox por unha lumbalxia que se reevaluará nos próximos días.
O próximo partido de pretemporada será o vindeiro mércores 17 ás 20:30 contra o Xuventude de Cambados no Pavillón Municipal de Cerceda.
RIBEIRA SACRA BREOGÁN LUGO 72(23+21+13+15): Álex Llorca (10), Daniel López (7), Mamadou Samb (14), Osvaldas Matulionis (17), Kevin Van Wijk (6) -cinco inicial-, Adrián Chapela (-), Xustas Tumulis (3), Kenny Lawson Jr. (10), Álex López (-) e Brandon Edwards (5).
LEYMA BÁSQUET CORUÑA 63 (12+19+21+11): Aleksandar Petrovic (6), Albert Homs (13), Anxo Hernández (4), Khalid Mutakabbir (9), Kyle Rowley (6) -cinco inicial-, Vujasinovic (5), Larry Abia (4), Jesús Castro (3) e Laszlo Dobos (13).








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro