Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Primer equipo | 26/01/2014 09:39

O LEYMA NATURA TRÁESE UNHA DERROTA DE MELILLA (81-67)

EL LEYMA NATURA SE TRAE UNA DERROTA DE MELILLA (81-67)

O equipo comezou ben o partido, respondendo o ritmo anotador dos locais nos primeiros minutos e mantendo esta facilidade para anotar unha vez o equipo melillense atascouse na anotación, o que nos daba as primeiras vantaxes no marcador xa ao termo do primeiro cuarto que terminou co resultado de 18-27.

 

No  comezo do segundo cuarto a dinámica do marcador continuou sendo a mesma, e o Leyma Natura continuou abrindo terra polo medio ata chegar a unha vantaxe de 13 puntos, aínda que dúas perdas seguidas de balón en ataque xunto con outras imprecisións ofensivas, permitiron aos locais achegarse nos momentos finais, terminando o período con 8 puntos de vantaxe para os nosos.

 

Tras o paso polos vestiarios, apareceron novamente os fantasmas de Logroño, a intensidade defensiva do equipo baixou e os melillenses, levantados polo seu público, comezaron a anotar con moita facilidade, a isto sumouse problemas para pechar o rebote defensivo. Perico Diaz viuse obrigado a pedir un tempo morto que non serviu para cortar a sangría local e tras un parcial de 12-0 púñanse por diante no marcador por 59 a 45 ao comezo do último período.

 

No último período comezouno o equipo un pouco máis endurecido  pero os locais mostrábanse acertadísimos de face ao aro nestes instantes o que facía imposible calquera intento dos nosos por darlle a volta ao marcador e acabaron perdendo o partido na difícil cancha de Melilla.

 

MELILA BALONCESTO:81 (18+18+23+22) Brothers (11), Rise (11), Almazán (12), Wright (18) e Manzano (8) -cinco inicial-. Tamén: Piñeiro (6), García, Narros, Durley (12), Busma, Larraona (1) e Fontes (2)

 

LEYMA NATURA BÁSQUET CORUÑA: 67 (27+17+11+12)Cabanas (4), Cain (15), Haanpaä (12), Castro (2) e Hernández (9) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Lucas (2), Amoke (7), Ogirri (14) e Ferreiro (2)

 









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro