Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 21/02/2015 11:16

O Leyma dá un paso de xigante cara á salvación

El Leyma da un paso de gigante hacia la salvación

O partido resultou moi igualado durante os primeiros 15 minutos, onde o Leyma, a pesar de ser o equipo que levaba a iniciativa no marcador, non lograba despegarse. As perdas de balón en ataque (5 no primeiro período) do Leyma e o acerto anotador de Guillén por parte dos visitantes, facía que as diferenzas no marcador fosen durante estes primeiros 15´mínimas. A partir dese momento, a defensa do equipo incrementou a súa intensidade e, mantendo a fluidez na anotación, as distancias fóronse incrementando para os nosos ata chegar aos 11 puntos a falta dun minuto para o descanso. Dúas novas perdas de balón nas postrimerías do segundo cuarto por parte dos nosos deixaba o marcador en 41 a 34 para os nosos ao descanso. 

Tras o paso polos vestiarios viuse a mellor versión do Leyma, mantiña o nivel defensivo mostrado durante a parte final do 2º período, o que unido ao acerto no tiro e o control do rebote, fixo que o Leyma fose aos poucos incrementando a vantaxe no marcador ata os 15 puntos ao termo deste terceiro cuarto (55-40).

O comezo do último período seguiu polos mesmos camiños que o anterior, co Leyma mellor en case todos os apartados do xogo, o que facía que aos poucos as vantaxes fósense incrementando ata alcanzar unha máxima de 25 puntos (65-40) mediado o último período. Os minutos finais transcorreron con certa tranquilidade e Perico deu minutos aos canteirán Marcos Escobar que cunha espectacular canastra desde máis aló do medio campo pechou o partido.

Con esta vitoria, os nosos afástanse dunha forma case definitiva do posto de descenso, e fai que poida mirar o resto do campionato con tranquilidade e ilusión por alcanzar os postos de play off que pecha Melilla, a só unha vitoria dos nosos.

A próxima xornada o Leyma xogará un novo derby fronte ao COB Ourense, un equipo que nestes momentos marcha colíder na clasificación. O partido disputarase o vindeiro sábado ás 18.30 horas.

LEYMA BÁSQUET CORUÑA( 22+19+14+23)78: Rowley (15), Burjanadze (7), Hernández (9), Vujasinovic (3), Abia (2),Mutakabbir (13), Petrovic (8), Dobbos (2), Homs (9), Castro (7) e Escobar.

CLÍNICAS RECUNCHO AXARQUÍA (21+13+6+17) 57: Jiménez, Magdevski, Soluade (8), Gutiérrez (3), Diatta, Nguirame (5), Sabonis (12), Sánchez (4), Okolo, Karahodzic (2), Belemene (6) e Guillén (18).

 Estatísticas do partido 

Galería de imaxes 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro