Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Sammic Hostelería 72-71 Leyma Coruña · 01/10/2017 18:00 POL. MUNICIPAL DE AZPEITIA

Actividades | 16/02/2017 17:00

O Leyma Coruña e a Obra Social "la Caixa" apoian a loita contra a sida

EL Leyma Coruña y la Obra Social “la Caixa” apoyan la lucha contra el sida

Dentro do programa "17 partidos, 17 causas" que o Club baloncestístico desenvolve co apoio da Obra Social "la Caixa", a loita contra a sida e a exclusión social será a causa desta xornada, co fin de visibilizar o traballo que o Comité Cidadán Anti-Sida de Coruña (CASCO) desempeña neste ámbito.

A entidade desenvolve accións de prevención cos colectivos de maior risco, ademais de prestar acollida en pisos e nun local con servizos básicos de hixiene, alimentación e sociabilización, co obxecto de favorecer a calidade de vida das persoas máis vulnerables, e especialmente das afectadas por esta enfermidade.

CASCO, que naceu por iniciativa dun grupo de persoas enfermas de SIDA e/ou infectadas polo VIH a principios dos anos noventa, conta cun equipo de profesionais que, xunto co traballo dos voluntarios, desenvolve múltiples programas en prol das persoas enfermas de Sida, así como doutros colectivos en situación de clara vulnerabilidade e exclusión, todo iso co apoio das institucións autonómicas e locais.

Ademais de traballar no ámbito da prevención cos colectivos de maior risco, posúen pisos de acollida e un local no que atenden aos seus usuarios facilitándolles os servizos máis básicos de hixiene, alimentación e sociabilización. Así mesmo, desenvolven a súa actividade no ámbito das prisións, prestando unha asistencia integral aos aspectos legais, de saúde e de inserción.









federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiawibociudad cristalhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial