Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 3ªDiv: Club Balonceto Cambre - Básquet Coruña S · 23/02/2020 19:00 Polideportivo Sofía Toro || Senior Masc. 3ªDiv: BV Asesores Los Rosales - Idefic Imatia Básquet Coruña · 22/02/2020 18:00 Los Rosales || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Colexio Mariano · 22/02/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Liceo La Paz - Básquet Coruña U17 · 22/02/2020 10:00 Colegio Liceo La Paz || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - KFC Costa Artabra · 22/02/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Sat On Service Montrove · 21/02/2020 17:45 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Vistaoptica Basket Ferrol · 23/02/2020 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U15 - KFC Culleredo Azul · 22/02/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña U16 · 23/02/2020 17:00 Polideportivo Sofía Toro || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 - Dominicos Cadete Masculino · 23/02/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Estudiantes Lugo Leyma Natura - Básquet Coruña Leyma U13 · 25/02/2020 12:00 Pazo Anexo 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Santa Maria del Mar Benjamín Fem Azul - Básquet Coruña Leyma U10 · 22/02/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-3 || Premini Masc. 2ºDiv: Santo Domingo Betanzos 11 - Básquet Coruña U10 · 23/02/2020 12:30 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Basquet Coruña U9 - CD Rosalse EPB 10 · 21/02/2020 18:00 Polideportivo Agra II || Premini Fem. 2ºDiv: Basquet Coruña Leyma U10/9 - Culleredo · Aprazado

Primer equipo | 18/03/2017 01:04

O Leyma Coruña tira de poderío interior para vencer ao conxunto ilerdense

El Leyma Coruña tira de poderío interior para vencer al conjunto ilerdense

Os de Tito Díaz deron esta noite un paso adiante no seu obxectivo de entrar nos playoff de ascenso á ACB, ao vencer en Riazor ao Actel Força Lleida por 83-71 nun choque no que os coruñeses foron de menos a máis. A primeira parte non facía prever un triunfo tan desafogado, posto que a escuadra visitante pareceu saír máis entoada que o Leyma Coruña, apoiándose no seu referente ofensivo Garrett Nevel e en José Simeón como director do xogo, e chegando a porse nove puntos arriba durante o primeiro cuarto.

O propio Tito Díaz explicou tras o duelo que os seus conseguiron chegar ao descanso sen grandes sobresaltos porque lograban anotar, pero faltaba intensidade defensiva e rebote, dous aspectos nos que dominaban os ilerdenses. O paso por vestiarios ao descanso serviu para dar o xiro necesario atrás e baixo os aros, logrando que o equipo visitante só anotase 13 e 16 puntos no terceiro e cuarto cuarto, e desde aí o Leyma Coruña puido rearmar a súa estratexia ofensiva. A este respecto, Tito Díaz destacou que "fomos moi intelixentes buscando balóns dentro, con moita paciencia contra o ataque contra zona e contra a defensa individual, e ao final conseguimos moitísimos puntos na pintura, que era onde entendiamos que tiñamos vantaxe".

En canto ao rendemento do equipo e as súas expectativas de face á recta final da liga, mostrou a súa satisfacción porque todos os xogadores achegaran a unha merecida e traballada vitoria, "e a estas alturas de tempada é moi importante". "Somos doce xogadores, tratamos de aproveitar isto, permítenos un ritmo alto e consistencia defensiva", engadiu. Na súa opinión, salvo que xurdan lesións polo camiño, o Leyma Coruña pode seguir mirando cara arriba, aínda que lembrou que falta mes e medio de competición, e por tanto, aínda que hoxe deuse un paso adiante, "queda un mundo".

O próximo duelo en casa será xa o domingo 2 de abril ás 12:30 fronte á Unión Financeira Baloncesto Oviedo. Pero antes haberá derbi romano na pista do Café Candeas Breogán este venres 24 ás 20:45 horas. Unha cita na que os laranxas esperan contar tamén co apoio da súa afección, para a que o Club habilitará medios de desprazamento. Máis detalles, en poucos días. #sentimentolaranxa

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz.m4a










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city