Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Primer equipo | 03/03/2018 18:18

O Leyma Coruña suma a súa segunda vitoria seguida ante un correúdo Cáceres Patrimonio da Humanidade (79-75)

El Leyma Coruña suma su segunda victoria seguida ante un correoso Cáceres Patrimonio de la Humanidad (79-75)

O Leyma Coruña logrou a súa segunda vitoria seguida, tras imporse ao Cáceres Patrimonio da Humanidade (79-75). Ademais do triunfo, houbo que destacar o regreso de Larry Abia, tras superar a súa lesión de xeonllo.

O primeiro cuarto comezou cunha anotación moi baixa por parte de ambos os conxuntos, lastrados polo gran número de persoais pitadas neste período (23-19).

O segundo acto seguía cos laranxas con problemas para anotar e un conxunto estremeño que permutaba, sobre todo, desde a liña de 6,75 e que os achegaba aos coruñeses no luminoso. Un tiro final desde campo propio de Monaghan (unha das súas especialidades nos finais de período puña por diante aos locais. (36-35).

Tras o descanso, a falta de proxección ofensiva do Leyma proseguía, oportunidade que aproveitaba a escuadra de Antonio Bohigas para porse por diante (42-50). Pero cando peor parecía porse o partido, o Leyma daba un paso adiante mellorando a circulación de balón, o rebote e buscando as súas opcións na pintura. (62-61).

Mantiña a intensidade en defensa e en ataque o último cuarto, e levaba o choque (79-75), de gran valor ao ser un rival directo para a clasificación ao playoff.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro