Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 06/11/2017 10:44

O Leyma Coruña suma a terceira ante Actel Força Lleida (93-74) e fai pleno nunha esixente semana

El Leyma Coruña suma la tercera ante Actel Força Lleida (93-74) y hace pleno en una exigente semana

O Leyma Coruña impúxose ao Actel Força Lleida (93-74), sumando a terceira vitoria do curso, a segunda nunha dura semana que xa lle enfrontou ao Río Ourense Termal, o duelo aprazado da cuarta xornada, e comeza a levantar o voo na clasificación.

Os de Gustavo Aranzana volveron estar moi acertados na liña de 6,75 (con case un 43% de acerto) e contrarrestaron cunha defensa férrea as acometidas dun Lleida que non foi capaz de manter o ritmo anotador dos laranxas.

Cunha achega moi coral, na que ata nove xogadores achegaron puntos, destacou como máximo anotador Jorge Sanz, con 18 no seu haber e 33 de valoración. Aínda que na súa volta ao Palacio non anotou, Zach Monaghan volveu deixar detalles da súa calidade, con penetracións imposibles e boas asistencias aos seus compañeiros.

O Palacio gozou co xogo do equipo, que levou a porse 24 arriba, pero que tivo que ter a mente fría cando cun parcial de +12 os de Borja Comenge recortaron distancias (61-51). Apareceron entón xogadores como Jesse Chuku, con canastras importantes ou o capitán Anxo Hernández, con dous triplos no seu haber no choque.

O Leyma tamén gañou no rebote, con 34 capturados por 28 do seu rival, unha faceta na que non só achegaron xogadores interiores como Sonseca e Chuku (8), senón tamén as bases, como Pablo Ferreiro, que disputou bos minutos co primeiro equipo, tras contribuír ese mesmo día á vitoria do filial de EBA.

O próximo compromiso dos coruñeses será a domicilio, o venres día 10 ás 21.00 horas ante o Cáceres Patrimonio da Humanidade.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city