Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 10/02/2018 11:05

O Leyma Coruña, sen reacción, ante o último arreón de Carramimbre Valladolid (94-84)

El Leyma Coruña, sin reacción, ante el último arreón de Carramimbre Valladolid (94-84)

O Leyma Coruña non foi capaz de levar unha vitoria que acariñou en moitos minutos da contenda ante un Carramimbre Valladolid que regresou á senda do triunfo tras tres derrotas seguidas (94-84).

Saíron mellor os coruñeses (2-9) e deixaron aos locais máis de catro minutos sen lograr anotar. As forzas fóronse equilibrando co paso dos minutos nun cuarto no que destacaba Óscar Alvarado polos locais, e Sergio Olmos e Jesse Chuku por parte dos laranxas (19-23).

Comezaba ben o segundo acto para o Leyma Coruña, con dous triplos seguidos de Zach Monaghan (19-29). Os laranxas seguían mandando no luminoso mediado o cuarto (29-36) pero entón erixíase a figura de Gantt e os locais dábanlle a volta ao partido, índose catro arriba ao descanso (45-33).

As malas sensacións coas que se habían ido os laranxas á caseta confirmábanse no terceiro cuarto, cos visitantes incapaces de parar as acometidas de Gantt, que chegaba a situar ao seu equipo en diferenzas de dez puntos. Tras un tiro libre de Trevor Cooney os coruñeses encaraban o cuarto definitivo nove abaixo (69-60).

As diferenzas seguían aumentando ata os 13 puntos (73-60) e cando máis complicado parecía porse o partido, Olmos botábase o equipo ás costas e a súa achega sumada a bos minutos de Mike Torres puña o partido de face para os coruñeses (82-80). Un estratosférico triplo de De la Fuente e un 2+1 de Kok, asistido por Gantt, supuñan un golpe para os herculinos (87-80), que nesta ocasión non eran capaces de repetir a reacción ante o COB Ourense (94-84).

O próximo compromiso do Leyma Coruña será o venres 16 de febreiro ás 21.00 horas ante o Prat no Palacio dos Deportes de Riazor.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city