O Leyma Coruña mídese contra o Unicaja no II Torneo EncestaRías de Vilagarcía

Tras o recente regreso aos entrenos, achéganse os primeiros partidos de pretemporada para o Leyma Coruña. Entre eles, os laranxas terán que medirse nin máis nin menos que contra un equipo ACB da talla do Unicaja. O choque terá lugar este sábado 3 de setembro ao sete da tarde no pavillón de Fontecarmona de Vilagarcía de Arousa, dentro do II Torneo EncestaRías.

O Leyma Coruña será o único equipo LEB Ouro que participará nesta proba pensada para que a afección galega poida gozar do mellor baloncesto semanas antes de que arrinquen os calendarios ligueiros.

O partido dos de Tito Díaz contra o conxunto malagueño é o primeiro do tres previstos nesta segunda edición do EncestaRías, que na xornada de domingo día 4 acollerá o duelo entre Unicaja e Laboral Kutxa Baskonia ás 17:30 horas. A última palabra terana o Laboral Kutxa Baskonia e o UCAM Murcia no seu encontro do luns ás 20:30 horas.

Co fin de encher o pavillón de Fontecarmoa e gozar dalgúns dos mellores xogadores da competición nacional, a organización deseñou unha campaña de prezos populares e máis económicos que na anterior edición. O abono senior é de 25 euros e o infantil ?menor de 14 anos-, 15 euros. Cabe comprar dous abonos senior ?abono dúo- por 45 euros, e tres ?abono trío- por 65 euros. O abono familia, que inclúe dúas senior e dous infantil, é de 70 euros, mentres que o abono VIP é de 50 euros, con reserva de asento a pé de pista. En canto ás entradas para ver só un partido, as senior custan 15 euros -17 en despacho de billetes- e as de infantil 10 euros -12 en despacho de billetes-.

O Club Básquet Coruña quere facilitar a asistencia da afección laranxa colaborando na venda de entradas, que se poden adquirir na oficina do club en Arquitecto Rei Pedreira 3, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00. A entidade herculina só venderá entradas para o partido do Leyma Coruña, así como abonos completos para todo o torneo.

As restantes canles de venda ofrecidos pola organización do EncestaRías son a web de Ticketscript, a tenda Mobi en Vilagarcía e a tenda Tiro Libre SCQ en Santiago.