Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 20/09/2017 10:29

O Leyma Coruña imponse a todo unha ACB no Teresa Herrera

El Leyma Coruña se impone a todo un ACB en el Teresa Herrera

O Leyma Coruña pechou os amigables de pretemporada impóndose ao Real Betis Enerxía Plus de ACB (76-69).

O conxunto laranxa empezou o cuarto moi entoado, plantando cara a un equipo ACB. Liderado polo once puntos neste período de Trevor Cooney finalizou por diante o primeiro cuarto (19-14).

Comezou o segundo cos coruñeses escapándose no luminoso, o que obrigaba a Alejandro Martínez a pedir tempo morto (25-18). Tras o receso, recortaban os verdibrancos e púñanse a dous puntos (25-23). Chegaban entón os mellores minutos dos laranxas, que se chegaban a pór a dez (28-18). Maquillaba antes do descanso o conxunto sevillano (36-27).

Saían mellor tras o paso por vestiarios os andaluces, que ían paulatinamente reducindo as diferenzas no luminoso, mentres o Leyma Coruña atascábase en ataque. No minuto 25 o Real Betis púñase por diante 41-44 e chegaba mandando ao acto definitivo (48-53) grazas un parcial de 12-24.

No cuarto período os locais ían aos poucos reducindo as diferenzas na pista (63-64, min.35). Mike Torres cun triplo no que recibía falta puña por diante de novo ao Leyma Coruña 67-64 (min.36). Os coruñeses eran capaces de administrar a súa vantaxe e levar así o Teresa Herrera 76-69.

Os pupilos de Gustavo Aranzana comezarán a liga o próximo 1 de outubro a domicilio ante o Sammic ISB. O primeiro partido en casa será o venres 6 de outubro ante Araberri. Esperámosvos!









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city