Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Primer equipo | 02/02/2019 01:22

O Leyma Coruña regresa á senda do triunfo ante o CB Prat (85-67)

El Leyma Coruña regresa a la senda del triunfo ante el CB Prat (85-67)

O Leyma Coruña volveu sumar unha nova vitoria e fíxoo ante o CB Prat (85-67) nun encontro marcado polo bo inicio dos locais, que sorprenderon de saída ao seu rival, actual pechacancelas da Leb Ouro.

Un gran mosaico laranxa, grazas ás cartolinas patrocinadas por Mahou, recibiu aos coruñeses, que brindaron minutos de gran baloncesto aos máis de 3.000 afeccionados que encheron #OFornodeRiazor.

O Leyma saíu moi entoado e resolveu un primeiro cuarto case perfecto (23-12), Mesma tónica levaba o segundo, cun Mirza Bulic que foi o mellor dos laranxas (28 puntos, 42 de valoración) e que levaba o ritmo anotador dos laranxas. Un pequeno arreón de Prat, personificado sobre todo na figura de Marc Blanch deixaba as diferenzas en 11 ao descanso (41-30).

O terceiro cuarto era un intercambio de golpes no que os visitantes chegaban a porse a catro (57-53), a mínima diferenza que terían no luminoso ao final deste período e de todo o partido.

Parecía que o encontro estaría apertado ata o final pero mediado o cuarto período un parcial de 10-0 deixaba o partido moi de face para os intereses coruñeses (72-57). Os laranxas controlaban o partido e impúñanse (85-67), tras dúas derrotas seguidas.

Tras o parón pola Copa, o Leyma Coruña volverá xogar en #OFornodeRiazor o próximo 22 de febreiro ás 20.45 horas ante o Caceres Patrimonio da Humanidade.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro